Doar sangue é doar vida. As transfusións sanguíneas non forman parte unicamente do tratamento de determinas enfermidades se non que tamén se empregan en situacións de emerxencia médica, como nunha unha hemorraxia masiva.
A sangue está formada por multitude de compoñentes distintos polo que desempeña diferentes funcións vitáis:
- Plaquetas: coagulación e taponamento de feridas; control de hemorraxias
- Glóbulos vermellos: transporte de osíxeno dende os pulmóns ao resto do corpo
- Plasma: transporte de nutrintes e auga cara os texidos
- Leucocitos ou glóbulos brancos: función inmunolóxica
- Ademáis o sangue mantén o equilibrio de líquidos no organismo, transporta hormonas, recolle os residuos metabólicos…
Por que debería facerme doante?
A doazón de sangue é unha acción solidaria que axuda a salvar a vida de moitísimas persoas así como a manter a saúde de outras tantas cando padecen determinadas enfermidades. Os hospitais necesitan facer transfusións a diario; os casos máis frecuentes nos que se necesita dunha transfusión son:
- Mulleres con complicacións obstétricas durante o parto
- Nenos con anemia grave
- Persoas con traumatismos graves
- Enfermos de cancro
- Pacientes que van ser sometidos a intervencións cirúrxicas e medicas complexas
Nos últimos anos a doazón de sangre reduciuse notablemente, por iso a túa axuda como dante é necesaria para que se poidan manter as reservas sanguíneas dos hospitais.
Teño que cumplir algún requisito?
Sí, para ser doante deberás:
- Ser maior de 18 anos
- Pesar máis de 50 kg
- Informarse sobre a SIDA e ter certeza de que non se forma parte de ningún grupo de risco
- Non ter padecido hepatite ou ter mantido contacto con contaxiados nos últimos 6 meses
- Non ter padecido enfermidades infecciosas tratadas con antibióticos nos últimos 15 días
- Non ter visitado zonas endémicas de plaudismo nos últimos 6 meses
- Non estar embarazada nin ter dado a luz nos últimos 9 meses
Ónde podo doar?
ADOS, a Axencia de doazón de órganos e sangue, conta con numerosos puntos fixos de doazón e unidades móviles que se desplazan cada semana por diferentes puntos de toda Gailcia. Os lugares concretos poderás atopalos na súa páxina web na seguinte ligazón: ONDE DOAR?
Na páxina oficial de ADOS (https://ados.sergas.gal/Paxinas/web.aspx) atoparás toda a información que necesitas saber se queres facerte doante. Podes consultala para resolver as dúbida que te quedaran despóis de ler o noso blog. Tamén poderás chamar ao número de teléfono gratuito que facilitan para informarte sobre todo o proceso.
ADOS conta con outras ferramentas importantísimas na súa páxina web como é o semáforo das reservas de sangue que marca a cantidade remanente de cada grupo sanguíneo nos bancos de sangue. Deixámosvos aquí o estado actual:
Referencias
- Sanitas. La importancia de donar sangre [Internet]. Sanitas. [cited 2022 Nov 27]. Available from: https://www.sanitas.es/sanitas/seguros/es/particulares/biblioteca-de-salud/prevencion-salud/donantes/importancia-donar-sangre.html
- Inicio - Axencia de Doazón de Órganos e Sangue [Internet]. Sergas.gal. [cited 2022 Nov 27]. Available from: https://ados.sergas.gal/Paxinas/web.aspx
- Donación de sangre - Área Sanitaria de Santiago de Compostela y Barbanza (Hospitales, Centros de Salud, Casas del Mar y Consultorios) [Internet]. Sergas.es. [cited 2022 Nov 27]. Available from: https://xxisantiago.sergas.es/Paxinas/web.aspx?idTax=2107&idLista=3&idContido=352&migtab=352&tipo=paxtab&idioma=es
- Jimenez H. ¿Por qué es importante la donación de sangre? [Internet]. Centro Médico ABC. 2020 [cited 2022 Nov 27]. Available from: https://centromedicoabc.com/revista-digital/por-que-es-importante-la-donacion-de-sangre/

