Bo día!!!
Con "Pixamas amarelos" queremos dar voz a esas pequenas experiencias,
pensamentos e aprendizaxes que, alumnas de prácticas coma nós, fomos
desenvolvendo nos nosos primeiros días como enfermeiras.
Como é lóxico, chegamos ao hospital
sen saber moi ben co que nos iamos atopar.
Todos os días tiñamos
un descanso no que nos xuntabamos e comentabamos anécdotas e procedementos que
nos deixaban ir realizando. A cada unha de nós asignáraselle unha planta distinta, polo que viamos cousas moi diferentes.
A medida que pasaban os días iámonos sentindo cada
vez máis dentro do hospital.
Ademais da parte profesional, este traballo
espertou dentro de nós moitos sentimentos, pensamentos e preocupacións nas que
nunca repararamos.
Neste blog queremos deixar reflexado un pouquiño desta
experiencia que todas nós acabamos de vivir.
Por último, moitos de vós preguntaredes por que eliximos este nome para noso blog. Moi sinxelo: porque amarelo era a cor dos pixamas das enfermeiras no noso hospital.
Grazas por lernos!!