28/11/2022

ENFERMERÍA DOS COIDADOS MÉDICO - CIRÚRXICOS

    Unha das 7 especialidades da enfermería é a dedicada aos coidados médico-cirúrxicos, que consiste na axuda aos anestesistas e aos cirurxiáns no coidado e atención dos pacientes antes, durante e despois da intervención cirúrxica.

    As súas funcións principais divídense en tres momentos, antes, durante e despois da cirurxía, e son:

ANTES

    -Preparación do paciente para a cirurxía.     -Comprobación da medicación, sueroterapia, e dispoñibilidade do equipo (máquinas de anestesia,ventiladores, máscaras)     -Preparación material e zona de traballo.     -Transladou de pacientes a sala de operacións.     -Proporcionar axuda ao cirurxián para vestirse co material estéril.

DURANTE

    -Vixilancia de aparición de reaccións alérxicas, constantes vitais e monitorización.     -Proporcionar instrumentos necesarios ao cirurxián,     -Retirar apósitos sucios con coidado e atención.

DESPOIS

    -Comprobar que se utilizou todo o material.     -Esterilización de material utilizado.     -Atención ás constantes do paciente.     -Orientación e estabilización do paciente.     -Avaliación e vixilancia continua do estado do paciente.

    Se estás a pensar en especializarte en coidados médico-cirúrxicos debes de ter moita paciencia, concentración, atención e capacidade de reacción.

Referencias

  1. https://www.educaweb.com/profesion/enfermero-cuidados-medico-quirurgicos-174/

INHALADORES. PARTE 2

    Retomando o tema dos inhaladores, volvemos a facer fincapé na importancia da súa administración falando un pouquiño de como se realizaría un uso correcto de cada un.

INHALADOR DE CARTUCHO PRESURIZADO

    En primeiro lugar, baleira o aire dos teus pulmóns cun soplido lento. Coloca o dispositivo na boca, pecha os beizos ao redor da embocadura sen apretar e comeza a coller aire pola boca.

    Logo debes presionar o inhalador e continuar collendo aire pola boca. Retira o dispositivo da boca, mantén os beizos pechados e aguanta a respiración durante dez segundos.

    Finalmente bota o aire lentamente. Tapa o inhalador. Enxauga a boca con auga.

    NOTA: unha vez á semana é recomendable retirar o cartucho do plástico e lavar o plástico con auga e xabón.

CÁMARAS DE INHALACIÓN 

    As cámaras de inhalación son un complemento moi útil que axudan mellorar a entrada do medicamento nos pulmóns, xa que reducen en gran medida o problema da coordinación entre coller aire (inspiración) e a pulsación (saída do medicamento).     Para o seu uso debes comezar axustando o cartucho no buraco da cámara en posición vertical.

    Vacía o aire dos pulmóns. Colle a cámara cunha man e achégaa aos beizos, pechaos ao redor da embocadura da cámara. Coa outra man colle o inhalador e apreta o dispositivo unha vez. Colle aire da cámara.

    A partir de aquí podes realizar unha única inspiración profunda, retirar a cámara da boca e aguantar a respiración de cinco a dez segundos. Enxáugate a boca tras a inhalación. Desmonta o equipo e lava con auga a cámara despois de cada uso.


INHALADORES DE PÓ SECO

    Hai dous tipos de inhaladores en pó: os de dose única e os de multidose.

    No inhalador en pó de dose única necesitas introducir o medicamento dentro do dispositivo e presionar o botón que perfora a cápsula que libera o produto antes da inhalación.

    Saca o aire amodo dos pulmóns. Achega a embocadura aos beizos e péchaos ao redor. Colle o aire profunda e lentamente. Retira o dispositivo da boca e cos beizos pechados aguanta a respiración dez segundos. Abre a embocadura e tira a cápsula. Enxauga a boca con auga.

    O sistema multidose pode ter forma de barra ou de disco.

    O que ten forma de tubo debe activarse virando a parte inferior do dispositivo, primeiro cara á dereita e logo cara á esquerda ata oír un “clic”: saca o aire dos pulmóns, achega o dispositivo á boca e axusta os beizos contorna a el. Colle aire pola boca para que o medicamento entre nos teus pulmóns. Retira o dispositivo da boca e cos beizos pechados contén a respiración dez segundos. Saca o aire pola boca lentamente. Repite o proceso se necesitas outra inhalación, esperando uns trinta segundos entre elas. Enxáugate a boca con auga.     O inhalador de sistema multidose en forma de disco debe cargarse accionando a panca lateral ata oír un “clic” e proceder á inhalación de forma similar ao anterior.     NOTA: este dispositivos non se deben mollar con auga, utiliza un pano de papel para limpar a embocadura tras o seu uso. Ademais, teñen un indicador de dose que debes ir controlando

NEBULIZADORES

    O nebulizador é un aparello eléctrico que tranforma en vapor o medicamento para que se poida respirar.

    O seu uso require supervisión previa, adestramento e seguimento de instrucións, tanto para a preparación da medicación como para o uso do aparello nebulizador. Tamén require dispoñer dun servizo técnico e coñecer a quen acudir en caso de fallo do aparello.

Referencias

INHALADORES. PARTE 1

    Os inhaladores son dispositivos que se introducen na boca e permiten que un medicamento, atomizado en pingas diminutas, pase directamente coa respiración ás vías aéreas. Desta forma, o principio activo accede máis facilmente aos bronquios e pulmóns e a súa acción é máis localizada, rápida e directa que se se usasen outras vías de administración. Ademais, as doses de fármaco que se necesitan son menores, polo que tamén se reduce o risco de efectos adversos.

    Saber usar un inhalador correctamente é importante para que o tratamiento sexa efectivo. Semella unha acción fácil, máis ten as súas complicacións, sobre todo á hora de explicarlle aos pacientes a técnica para que a exerzan na casa de forma autónoma.

    Sempre que sexa posible, débese adaptar o sistema de inhalación á idade e capacidade de cada persoa.

SISTEMAS DE INHALACIÓN

    Existen varios sistemas de inhalación: inhalador de cartucho presurizado inhalador de po seco (de dose única ou multidose) e o nebulizador.

    Tamén poden usarse cámaras de inhalación, pero deben ser compatibles co dispositivo de inhalación presurizado.

CONSELLOS para realizar correctamente unha inhalación

  • Realiza as inhalacións sentado ou o máis incorporado posible.
  • Prepara o dispositivo previamente:
    • Se é un inhalador presurizado: axitao.
    • Se é de po seco: cargao. 
    • Se é un nebulizador: preparar a medicación e conectalo.
  • Require de certo adestramento.
Referencias

ENFERMERÍA FAMILIAR E COMUNITARIA

    Moitos vos preguntaredes de que se encarga unha enfermeira comunitaria e familiar. Outros relacionarédela directamente coa típica enfermeira do centro de saúde ou con aquela que vedes xunto ao médico.

    Porén, a enfermería comunitaria e familiar abarca tarefas moito máis complexas: encárgase das persoas sás e enfermas, dende o nacemento ata que morren.

    A enfermería familiar ocúpase de curar, por suposto; pero por encima de todo céntrase en coidar. Coida a saúde desde todas as súas perspectivas.

    Estas enfermeiras dedican moito tempo na consulta a escoitar e a entender aos pacientes; solicítanlles que lles expliquen como se sinten e que necesidades teñen. Tamén coidan a saúde para que non se deteriore realizando educación para a saúde, que é unha das súas principais tarefas. Intentan, ademais, que a persoa sexa consciente das súas carencias ou puntos de mellora e que sexa capaz de tomar a decisión de coidarse.

    Tamén realizan o seguimento de patoloxías crónicas e forman parte do Equipo de Atención Primaria. Son o nexo entre os temas sanitarios e os sociais; detectan riscos para a saúde e poñen en contacto ao paciente con diversos profesionais.

    Outra das tarefas da enfermería comunitaria e familiar é estar na vida das persoas, favorecendo hábitos de vida saudables, facendo fincapé na promoción da saúde e na prevención da enfermidade; realizan talleres, charlas, programas… en todos os ámbitos nos que sucede a vida da persoa.

    Por último, non nos podemos olvidar da Atención Domiciliaria, e dos Coidados Paliativos, que acerca esta profesión aínda máis ás familias.

Referencias

  1. https://www.enfermeriacomunitaria.org/web/
  2. https://www.euroinnova.ec/blog/que-es-la-enfermeria-comunitaria
  3. https://www.euroinnova.edu.es/blog/caracteristicas-de-la-enfermera-comunitaria

FLEBITE

    Coñecemos como flebite á inflamación da parede da vea debida a unha alteración do endotelio e caracterizada pola presenza de signos e síntomas como: dor, eritema, sensibilidade, calor, hinchazón, purulencia ou cordón venoso palpable.

    No noso día a día ímonos atopar reiteradas veces con este tipo de complicación. É frecuente en catéteres venosos periféricos ou en catéteres de inserción periférica (PICC).

    A flebite aumenta o risco de infección e pode ser o paso previo a unha tromboflebite supurada por iso hai que evitar a súa aparición, mais nun principio non é nada grave.

FACTORES QUE AUMENTAN OU CONTRIBÚEN Á APARICIÓN DE FLEBITE

  • Preparación da pel.
  • Traumatismo na vea durante a inserción.
  • Tipo de material do catéter empregado.
  • Infusión de determinados fármacos.
  • Tempo de permanencia do catéter.
  • Estabilización do catéter a pel.
  • Frecuencia de cambio do apósito.
TIPOS DE FLEBITE

Segundo a súa etioloxía, podemos distinguir tres tipos de flebite:
  1. Mecánica ou traumática: asociada á localización (zonas de flexión), técnica de inserción (fixación do catéter) e calibre do catéter.
  2. Química ou por infusión: asociada á administración de solucións e/ou medicamentos ácidos e con alta osmolaridade.
  3. Infecciosa ou bacteriana: asociada a infeccións xeralmente causadas por bacterias. Hixiene de mans incorrecta, técnica aséptica inapropiada, excesiva manipulación...

Referencias

  1. https://www.topdoctors.es/diccionario-medico/flebitis
  2. https://www.fisioterapia-online.com/articulos/flebitis-que-es-tipos-sintomas-y-prevencion
  3. https://enfermeriacreativa.com/2021/08/10/escala-visual-de-valoracion-de-flebitis/

Día mundial do paciente anticoagulado

ENFERMERÍA DOS COIDADOS MÉDICO - CIRÚRXICOS

     Unha das 7 especialidades da enfermería é a dedicada aos coidados médico-cirúrxicos, que consiste na axuda aos anestesistas e aos cirur...