Coñecemos como flebite á inflamación da parede da vea debida a unha alteración do endotelio e caracterizada pola presenza de signos e síntomas como: dor, eritema, sensibilidade, calor, hinchazón, purulencia ou cordón venoso palpable.
No noso día a día ímonos atopar reiteradas veces con este tipo de complicación. É frecuente en catéteres venosos periféricos ou en catéteres de inserción periférica (PICC).
A flebite aumenta o risco de infección e pode ser o paso previo a unha tromboflebite supurada por iso hai que evitar a súa aparición, mais nun principio non é nada grave.
FACTORES QUE AUMENTAN OU CONTRIBÚEN Á APARICIÓN DE FLEBITE
- Preparación da pel.
- Traumatismo na vea durante a inserción.
- Tipo de material do catéter empregado.
- Infusión de determinados fármacos.
- Tempo de permanencia do catéter.
- Estabilización do catéter a pel.
- Frecuencia de cambio do apósito.
Segundo a súa etioloxía, podemos distinguir tres tipos de flebite:
- Mecánica ou traumática: asociada á localización (zonas de flexión), técnica de inserción (fixación do catéter) e calibre do catéter.
- Química ou por infusión: asociada á administración de solucións e/ou medicamentos ácidos e con alta osmolaridade.
- Infecciosa ou bacteriana: asociada a infeccións xeralmente causadas por bacterias. Hixiene de mans incorrecta, técnica aséptica inapropiada, excesiva manipulación...

Referencias