18/11/2022

DÍA MUNDIAL DO PACIENTE ANTICOAGULADO

    Hoxe, 18 de novembro, celébrase o "Día Mundial do Paciente Anticoagulado".

    Durante as miñas prácticas na planta de cirurxía cardíaca e vascular, como xa vos podedes imaxinar, tratei con moitos pacientes deste tipo. Antes de comentarvos algunha vivencia que vos pode axudar, comezarei por poñervos en contexto.

    Os antioagulantes son medicamentos utilizados para retrasar o tempo de coagulación do sangue coa finalidade de previr a formación de coágulos (trombose) e de émbolos (embolia). Isto lógrano inhibindo a acción da vitamina K ou actuando directamente sobre os factores de coagulación.

    Os anticoagulantes máis usados son o Sintrom (vía oral) e a heparina (inyectable), dos que estou segura que algunha vez escoitariades falar.

    Estes prescríbense despois dunha intervención quirúrxica, en situacións de inmovilización prolongada e cando se padecen certas enfermidades cardíacas. 

    Os pacientes anticoagulados teñen que ter especial coidado cos golpes e caídas.

INR (RAZÓN NORMALIZADA INTERNACIONAL)

Enfermera Creativa    Xeralmente, os pacientes en cuestión realizan analíticas de sangue semanais para controlar o INR, parámetro que indica como está funcionando o tratamento anticoagulante.

- Nunha persoa sen anticoagular o INR é igual a 1.

- Un INR entre 2 e 3,5 implica un menor risco conxunto de trombose ou hemorraxia.

- Por encima de 4, o risco de sangrado aumenta significativamente.

    En función dos datos obtidos e das necesidades que esixa cada caso, o médico axusta a dose da medicación pertinente.

    Se algo aprendín nas prácticas é que un fallo na administración das unidades de heparina e/ou Sintrom adecuadas pode traer graves consecuencias. Por iso, enfermería revisa varias veces ao día as doses prescritas a cada paciente.

    A continuación, coméntovos unha experiencia vivida por min cun paciente anticoagulado: este, mentres lle tomaba a tensión, díxome que lle deran por equivocación máis Sintrom do pautado e que, por iso, non podía levantarse. A seguinte vez que entrei na súa habitación, puiden observar os efectos desa sobredose: tiña o apósito que cubría a súa ferida de guerra (como chaman no hospital á ferida da operación) empapado de sangue. Aí entendín por que se lle daba tanta importancia aos anticoagulantes. E é que o Sintrom e a heparina provocan sangrados cando se toman en exceso.

    Por último, pero non menos importante, añadir que existe unha máquina, con aspecto similar a un glicómetro, que permite controlar o INR na casa sen necesidade de ir semanalmente ao médico. Recibe o nome de coagulómetro e o seu precio ronda os 800 euros.

    Adxunto o enlace dunha noticia publicada hoxe en La Voz De Galicia que explica moi ben o tema abordado nesta entrada e a experiencia persoal dunha persoa anticoagulada por implantación dunha prótese no corazón (3).

Referencias

    1. https://www.diainternacionalde.com/ficha/dia-mundial-paciente-anticoagulado
    2. https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lavozdelasalud/enfermedades/2022/11/17/dia-paciente-anticoagulado-personas-diabetes-pueden-controlarse-casa-deberiamos-/00031668697049871798455.htm
    3. https://pubmed.ncbi.nlm.nih.gov/28196633/
    4. https://enfermeriacreativa.com/2021/03/11/rango-terapeutico-inr/ (Imaxe)

    Día mundial do paciente anticoagulado

    ENFERMERÍA DOS COIDADOS MÉDICO - CIRÚRXICOS

         Unha das 7 especialidades da enfermería é a dedicada aos coidados médico-cirúrxicos, que consiste na axuda aos anestesistas e aos cirur...