17/11/2022

OSIXENOTERAPIA

    A osixenoterapia é un tratamento que, co obxectivo de previr ou diminuír a hipoxia, aumenta a concentración de osíxeno no aire que respira o paciente.

    As mascarillas de osíxeno e as gafas nasais son os medios máis empregados para a administración do osíxeno a baixo fluxo. Permítennos conectalas a distintas fontes de osíxeno xa sexa a través de botellas de osíxeno medicinal ou un concentrador portátil.

CÁNULA OU GAFAS NASAIS

    Están formadas por un tubo de plástico flexible terminado en dúas puntas que se adaptan perfectamente ás fosas nasais, creando o circuito polo que circula o osíxeno.

    O fluxo é continuo e regúlase mediante a fonte de osíxeno.

    A principal ventaxa das gafas nasais é que permiten falar, comer e dormir sen interrumpir o fluxo.

    Introducimos os dous tubos nas fosas nasais. Despois pasamos os tubos da cánula por riba das orellas e  axustamos o pasador, deixándoo baixo a barbilla.

MASCARILLAS

    As mascarillas de osíxeno son dispositivos de plástico transparente que cubren a boca, a nariz e o mentón. Dispoñen dunhas cintas elásticas que permiten axustalas ao rostro simplemente adaptando ditas cintas pola parte posterior da cabeza.

    As máis comúns son:

1. Mascarilla simple

    Proporciona concentracións de osíxeno que van desde o 40% ata o 60%. Para garantir a porcentaxe de concentración adecuada, é importante adaptala o mellor posible ao rostro. Non permite falar nin comer.

2. Mascarilla de osíxeno Venturi

    Permite controlar mellor a concentración de O2, pois nunca suministra distinta concentración da prescrita. Concentración do 24%-50%.

3. Mascarilla de osíxeno con bolsa

    Aporta ata un 95-100% de osíxeno con velocidades de fluxo de 10 a 15 L/min. É importante non permitir que a bolsa se deshinche durante a inspiración. Con ou sen re-inhalación parcial.

4. Mascarilla de traqueostomía

    En todos os casos é fundamental que o aire sexa humidificado para evitar a irritación das fosas nasais. Nas prácticas, veredes como cando pasades constantes debedes ir observando que os pacientes con mascarillas ou gafas teñan suficiente auga no humidificador.

    Ata pronto, lectores!

Referencias

1. https://www.iberomed.es/blog/2021/10/08/mascarillas-de-oxigeno-y-gafas-nasales-para-que-sirven/

2. https://www.salusplay.com/blog/mascarillas-oxigeno-gafas-nasales/

3. https://equipomexmedical.com/blog/mascarillas-de-oxigeno/

Día mundial do paciente anticoagulado

ENFERMERÍA DOS COIDADOS MÉDICO - CIRÚRXICOS

     Unha das 7 especialidades da enfermería é a dedicada aos coidados médico-cirúrxicos, que consiste na axuda aos anestesistas e aos cirur...