16/11/2022

DÍA MUNDIAL DA EPOC

    Hoxe, 16 de novembro, celébrase o "Día Mundial da EPOC".

    A EPOC é unha enfermidade crónica non reversible que afecta aos pulmóns e que se produce por unha obstrucción das vías aéreas.

CAUSAS

1. Tabaco: inhalación de fumes, mala ventilación e exposición a produtos tóxicos.

2. Factores xenéticos.

3. Idade

SÍNTOMAS

Tos con mucosidade

Presión no peito

Coloración azul dos beizos

Falta de enerxía

Perda de peso involuntaria

Hinchazón en tobillos, pés ou pernas

Dificultade para respirar (disnea)


DIAGNÓSTICO

    Pode realizarse a partir de:

    - Síntomas

    - Radiografía de tórax: permite observar o estado dos pulmóns grazas aos raios X.

Espirometría: é a proba máis frecuente. Mide a cantidade de aire que entra e sae dos pulmóns e a velocidade coa que o fai.

- Análise de sangue: serve para medir a cantidade de osíxeno que contén.

- Electrocardiograma: realízase para descartar alteracións cardíacas que poden causar os mesmos síntomas.

TRATAMENTO

Uso de inhaladores

Para a administración de broncodilatadores.

Vacinas

Contra enfermidades que poden complicarse en EPOC.

Osixenoterapia

Pode axudar a respirar mellor.

Antibióticos

Axudan a tratar as reagudizacións, pero non se utilizan como medida de prevención.


Día mundial do paciente anticoagulado

ENFERMERÍA DOS COIDADOS MÉDICO - CIRÚRXICOS

     Unha das 7 especialidades da enfermería é a dedicada aos coidados médico-cirúrxicos, que consiste na axuda aos anestesistas e aos cirur...