Este pasado 14 de novembro tivo lugar "O Día Mundial da Diabete". En Santiago de Compostela a Asociación Compostelana de Diabéticos (ACD) instalou unha carpa na Praza do Toural co motivo da conmemoración desta data.
O Día Mundial da Diabete naceu en 1991 como medio para aumentar a concienciación global sobre a diabete. Escolleuse esta data porque coincidía co aniversario de Frederick Banting quen, xunto con Charles Best, concibíu a idea que lles conduciría ao descubrimento da insulina, en outubro de 1921.
Esta carpa estaba dirixida a toda a cidadanía coa intención de achegarlle ao público información sobre as causas, síntomas, complicaciones e tratamento desta afección, que se atopa en constante aumento en todo o mundo. Ademáis, contaba con voluntarios que realizaban probas de glucemia á xente interesada.
Por outra banda, cómpre destacar a presenza do Instituto Oftalmolóxico Gómez Ulla, que aproveitou esta xornada para facer probas voluntarias de prevención de retinopatía diabética. Esta complicación afecta aos ollos e é causada polo dano dos vasos sanguineos do tecido sensible á luz que se atopa no fondo do ollo (retina).
Ao principio, a retinopatía diabética pode non ter síntomas ou dar só problemas leves de visión. Non obstante, co tempo pode chegar a provocar cegueira.
Calquera persoa con diabete tipo 1 ou tipo 2 pode desenvolver este trastorno. Ademais, canto máis ten unha persoa diabete e menos controla a súa glucosa en sangue, maior é a probabilidade de desenvolver esta complicación.
Deixámosvos aqui un vídeo no que se lle dá eco a estas actividades, asi como á importancia das revisións periódicas das revisión periódicas nas persoas con diabete para evitar patoloxías oculares.
- http://www.santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?id_nova=17962&lg=ing
- https://www.asociacioncompostelanadediabeticos.com/
- https://www.quironsalud.es/blogs/es/actualidad-endocrina/dia-mundial-diabetes
- https://www.youtube.com/watch?v=xzfGZcV77Ws&ab_channel=InstitutoOftalmol%C3%B3gicoG%C3%B3mez-Ulla%28SantiagodeCompostela%29