19/11/2022

COMO PINCHAR HEPARINA?

 

    Onte, con motivo do “Día Mundial do Paciente Anticoagulado”, dedicamos unha entrada a falar deste tipo de paciente e dos anticoagulantes.

    Hoxe, explicareivos como pinchar a heparina, un anticoagulante moi usado que se administra no tecido subcutáneo.

    Como puidestes comprobar no vídeo, a heparina que se comercializa vén xa precargada coa súa xiringa e agulla. Ademais disto, o material que se necesita é, unicamente, unha gasa e un recipiente sólido onde tirala. De aí que a súa autoadministración sexa tan común. 

    No hospital, atoparedes uns pequenos contedores específicos para os obxectos punzantes.

    O primeiro paso é lavar as mans con auga e xabón e indicarlle ao paciente que se tumbe ou que se sente, preferiblemente, algo inclinado. Logo, en caso de ser necesario, límpase e desinféctase o abdome aproximadamente a dous dedos do embigo, zona onde se dará o pinchazo. A continuación, cóllese un pliegue de pel nesa área, sen apertar demasiado, e pínchase verticalmente e con decisión.

    É importante introducir lentamente o contido durante 10-30 segundos, dado que, canto máis lento, menos doe. Antes de extraer a agulla, espérase uns segundos máis. Unha vez fóra, sóltase o pliegue e, só en caso de sangrado, presiónase o lugar de punción cunha gasa.

    Por último, debe indicárselle ao paciente que non frote. A finalidade é evitar a formación de hematomas, algo que veredes moito nestas persoas. A min, nalgún caso durante as prácticas, costoume un pouco saber onde pinchar de tantos moratóns que tiñan.

    É moi recomendable ir alternando o lado do abdome no que se administra e, en cada lado, separar as zonas de punción 2 dedos máis ou menos entre si para evitar o enrojecimiento. Senón, a heparina tamén pode introducirse na cara superior externa dos brazos e dos muslos.

    Para finalizar, comentarvos que algo do vídeo que me chamou especialmente a atención é que se di que, ao retirar a agulla, hai que colocar de novo o capuchón. No hospital, as miñas enfermeiras dicíanme que xustamente isto era o que non tiña que facer, dado que, desta forma, corría o risco de pincharme. 

    Non obstante, o máis normal é que nas vosas prácticas vos atopedes con heparinas cun sistema de seguridade que se activa ao presionar o émbolo da xiringa moi forte. Desta forma, a agulla queda cuberta automaticamente, tal e como se ve nesta imaxe. En caso contrario, recoméndovos levar con vós un recipiente onde tirar o mecanismo unha vez usado, co obxectivo de evitar pinchazos innecesarios.

Referencias

    Día mundial do paciente anticoagulado

    ENFERMERÍA DOS COIDADOS MÉDICO - CIRÚRXICOS

         Unha das 7 especialidades da enfermería é a dedicada aos coidados médico-cirúrxicos, que consiste na axuda aos anestesistas e aos cirur...