Algo tan sinxelo como colocar uns guantes pode resultar complexo cando non estamos acostumados.
Os que xa levades un tempo léndome sabedes que, nas miñas entradas, acostumo contar algunha experiencia persoal relacionada co tema que abordo. Hoxe, cos guantes, non vai a ser menos.
Nas primeiras prácticas que realicei no hospital tardaba moito en poñerme os guantes. E cando digo moito, refírome a minutos. Como podedes imaxinar, era un gran inconveniente á hora de aprender dado que, se non mos poñía, non podía axudar en tarefas tales como facer curas. Eu diría que isto me ocorría porque, polos nervios, me suaban as mans.Un día, unha enfermeira descubriume os guantes de froiteira, os típicos que te pos para coller a froita no supermercado. Se poñía estes guantes e por riba os de látex entraban á primeira. Ao final das prácticas, obviamente, xa non me facían falla.
Despois deste truco que pode ser útil para futuros enfermeiros en prácticas, paso a explicar para que serven os guantes e os distintos tipos que vos atoparedes no hospital.
Os guantes serven como
barreira física de protección para o persoal sanitario e para os pacientes.
1. Reducen a probabilidade de que os
microorganismos presentes nas mans do persoal sanitario se transmitan aos
pacientes durante a realización de procedementos invasivos.
2. Reducen a probabilidade de que as mans do
persoal sanitario contaminadas con microorganismos dun paciente poidan
transmitirse a outros, provocando así infeccións cruzadas.
3. Preveñen a contaminación das mans cando se contacta con sangue, fluídos corporais, secrecións de mucosas ou pel non intacta (feridas, erosións, eczemas...).
En resumo, cumpren unha función moi importante.
TIPOS
Guantes estériles: poden ser de látex, sintéticos ou tricapa. Utilízanse na realización de calquera intervención cirúrxica ou procedemento que requira dunha técnica estéril.
Guantes de alta resistencia: preparación e
manexo de medicamentos citotóxicos.
Guantes non estériles: procedementos que non
requiren de técnica estéril, pero nos que existe risco de contacto físico con
secrecións, fluídos, pel, mucosas e materiais potencialmente contaminados.
IMPORTANTE!
Sempre é necesaria a hixiene das mans antes e
despois da utilización de guantes. O uso de guantes non substitúe dita hixiene.
CANDO NON USAR GUANTES?
- Tomar a presión arterial, pulso ou temperatura.
- Poñer inxeccións intradérmicas, subcutáneas e intramusculares.
- Bañar, facer a cama, vestir ou transportar ao paciente.
- Coidados de ollos e oídos (sen secrecións).
- Calquera manobra de tipo vascular con ausencia de perda de sangue.
COLOCACIÓN DE GUANTES ESTÉRILES
1. Selección do tamaño indicado.
2. Lavado cirúrxico ou antiséptico de mans,
segundo corresponda (hixiene de mans se son guantes non estériles).
3. Retirar o envoltorio externo do paquete de
guantes separando cuidadosamente ambos lados.
4. Colocar o paquete interno sobre unha
superficie limpa e plana, á altura da cintura.
5. Abrir o paquete mantendo os guantes na
superficie interna do envoltorio.
6. Colocar primeiro o guante da man
dominante.
7. Co pulgar e os dous primeiros dedos da outra man suxeitar o extremo proximal do guante da man dominante. Tocar unicamente a
superficie interna.
8. Con coidado introducir o guante sobre a
man dominante, asegurando que o extremo proximal non quede enrollado na muñeca
e que cada dedo estea no espazo correcto.
9. Coa man enguantada, deslizar os
dedos dentro da superficie interior do reborde do extremo proximal do segundo
guante.
10. Con coidado, introdúcese o sobre a man non dominante.
11. Entrelázanse ambas mans para axustar o
guante aos dedos.
12. Tocaránse exclusivamente superficies
estériles.
13. Cambiar periodicamente en intervencións quirúrxicas ou procedementos prolongados.
A continuación, adxunto un vídeo para que teñades un exemplo máis visual.
Espero que vos servise de axuda! Ata pronto.
