Probablemente escoitariades algunha vez que non se debe tomar ibuprofeno durante o embarazo, mais quizais non vos parástedes a pensar porque.
Isto é porque o ibuprofeno, ao igual que outros AINEs, inhibe a síntese da enzima cicloosixenasa, impedindo así a produción de prostaglandinas.
O ductus arterioso é un "tubito" que comunica os grandes vasos que van aos pulmóns coa aorta, da que o sangue sae cara o cerebro e cara ao resto do corpo. Como os fetos necesitan pouca sangue nos pulmóns, o ductus fai que dito fluído vaia a onde ten que ir.
A persistencia do ductus máis alá duns días de vida, porén, tamén é un problema; moi pouco habitual en bebés a término pero non tanto en prematuros. Nestes prematuros con persistencia do ductus arterioso poden, de feito, empregarse AINEs para resolver a existencia deste conduto cando xa non toca.
Polo contrario, nalgunhas patoloxías graves de cordón, o ductus arterioso persistente pode incluso salvar a vida do bebé, polo que ás veces adminístranse prostaglandinas de forma exóxena como tratamento cando o bebé nace, ata que pode ser operado do corazón e entón deixa de ser imprescindible que ese ductus se manteña.
Oxalá que esta información vos servise de axuda!
- https://evidenciasenpediatria.es/articulo/5420/el-ibuprofeno-es-eficaz-en-el-cierre-del-conducto-arterioso-persistente-en-el-recien-nacido-pretermino-y-presenta-menos-efectos-secundarios-que-la-indometacina
- http://www.saludinfantil.org/guiasn/Guias_PMontt_2015/Cardiologia/Ductus/Ductus_Ibuprofeno_oral.htm
- https://www.saludyfarmacos.org/lang/es/boletin-farmacos/boletines/nov202005/08_paracetamol
