Unha vez atopouse unha vea en boas condicións para picar prepararase o material para a analítica, asegurándonos que quede todo a man, e limparase a vea con alcol e unha gasa.
Sacamos a palomita do seu envase, quitámoslle o tapón e asegurámonos de agarrala polo lado correcto das ás, de forma que sempre nos quede o bisel cara arriba. Estiramos a pel e picamos ao paciente nun ángulo de 25 graos ou menos, unha vez o sangue salga da palomita comezamos a meter os tubos correspondentes e a enchelos.
Por último, retiramos o compresor e a palomita, que imos refugar no contedor amarelo, e tapamos a zona de punción cunha gasa e un pouco de espadadrapo.
É recomendable que o paciente se aperte a casa para evitar grandes sangrados e hemorraxias internas (hematoma).
22/11/2022
COMO FACER UNHA ANALÍTICA?
En primeiro lugar debemos de informar o paciente do que lle imos a realizar e resolver as súas dúbidas, despois colocáseselle o brazo nunha posición cómoda para o enfermeiro e así facilitar o seu traballo.
Posteriormente colócase o compresor nun dos dous brazos (preferiblemente naquel no que presente menos lesións ou no que máis libre de vías este) e búscase unha vea coa anchura e caudal suficiente para picar.
Día mundial do paciente anticoagulado
ENFERMERÍA DOS COIDADOS MÉDICO - CIRÚRXICOS
Unha das 7 especialidades da enfermería é a dedicada aos coidados médico-cirúrxicos, que consiste na axuda aos anestesistas e aos cirur...
-
Hoxe, 18 de novembro, celébrase o " Día Mundial do Paciente Anticoagulado ". Durante as miñas prácticas na planta d...

