23/11/2022

CONSTANTES VITAIS

Como alumno de prácticas o primeiro que tes que facer polas mañás é tomar as constantes vitais dos pacientes, polo que consideramos que non vén mal un recordatorio de que son, que indican e como asegurarse de que a toma é correcta. Para iso distribuirémolo nunha serie de entradas. Nesta entrada explicaremos brevemente que é unha constante vital e os tipos. Unha constante vital é un parámetro que serve para coñecer o estado no que se atopa a nosa saúde no momento da toma. As constantes vitais son:
-Tensión arterial: é a presión que exerce o sangue contra os vasos sanguíneos a cada latexado do corazón, está de divide en dous tipos.
  • Sistólica: é a presión do sangue na arteria cando se contrae o corazón.

  • Diastólica: é a presión que exerce o sangue contra as arterias cando o corazón reláxase.

-
Temperatura: é o grao de calor que presenta o corpo humano, esta varía en función do lugar onde se mida, que pode ser a boca, orellas, axilas, ou ano.


-Frecuencia cardíaca: é o número de veces que latexa o corazón nun minuto, tamén coñecida como pulso, pódese medir en distintas partes do corpo onde se atopan as arterias.
-Frecuencia respiratoria: é o número de ventilacións que se producen nun minuto. -Saturación de osíxeno: é a cantidade de osíxeno dispoñible no sangue, é dicir a cantidade de osíxeno transportado pola hemoglobina, mídese a través de infravermellos cun pulsioxímetro.


Referencias

    Día mundial do paciente anticoagulado

    ENFERMERÍA DOS COIDADOS MÉDICO - CIRÚRXICOS

         Unha das 7 especialidades da enfermería é a dedicada aos coidados médico-cirúrxicos, que consiste na axuda aos anestesistas e aos cirur...