23/11/2022

COMO SE EMPREGA UNHA PLUMA DE INSULINA?

     A administración de insulina é unha práctica terapéutica altamente estendida no control da diabetes. Con todo, a insulina, é un medicamento que presenta unha elevada prevalencia de errores de medicación nos pacientes ingresados. É por isto que nos últimos anos adoptáronse diversas medidas para disminuir estos incidentes; as plumas de insulina son unha destas medidas. Trátase dun dispositivo individual precargado para a administración subcutánea de insulina. Como enfermeiras, xa dende as primeiras prácticas, vamos a ter que utilizar en numerosas ocasións este instrumento. Por iso é importante que nos familiaricemos con él e aprendamos com usalo.



¿Cómo mido a cantidade de insulina necesaria?

    A unidade de medida son as unidades internacionais (UI); 100 UI = 1ml. Será o médico o que prescriba as cantidades a administrar.

¿Onde se pincha?

    A insulina adminístrase de forma subcutánea. As zonas máis adecuadas serían: abdomen, brazo, muslos e nalgas. Non se debe administrar noutras zonas por risco a dañar vasos sanguíneos ou terminacións nerviosas.

¿Cómo debo empregar a pluma ou bolígrafo de insulina?

    En primeiro lugar realizaremos a hixiene das mans. O uso de antiséptico para a zona de punción; en caso de utilizalo esperaremos a que seque a zona antes de pinchar. 

    A continuación colleremos a agulla, abrímola, enroscámola no bolígrafo e quitámoslle o capuchón. Cargamos a dose pautada e inxectámola na zona de preferencia pellizcando a pel con 3 dedos. 



    Mantemos o botón pulsado un mínimo de 10 segundos antes de retirar a agulla para asegurarnos de que administramos toda a insulia. Por último retiramos o bolígrafo.

¿Cómo conservo o bolígrafo?

    Mentres non esté en uso gardarémolo no frigorífico (2-8 ºC). Unha vez aberto conservarase a temperatura ambiente hasta un máximo de 6 semanas. Deberá protexerse da luz solar e do calor.

    Referencias

    1. Plumas de insulina y seguridad del paciente ingresado: ¿despilfarro o necesidad? · Stop Errores de Medicación [Internet]. Stop Errores de Medicación. [cited 2022 Nov 23]. Available from: https://www.stoperroresdemedicacion.org/es/blog/plumas-de-insulina-y-seguridad-del-paciente-ingresado-despilfarro-o-necesidad/
    2. El Blog de Pills [Internet]. El Blog de Pills. 2017 [cited 2022 Nov 23]. Available from: https://www.elblogdepills.com/boligrafo-de-insulina/

    Día mundial do paciente anticoagulado

    ENFERMERÍA DOS COIDADOS MÉDICO - CIRÚRXICOS

         Unha das 7 especialidades da enfermería é a dedicada aos coidados médico-cirúrxicos, que consiste na axuda aos anestesistas e aos cirur...