24/11/2022

VALORES CV

Nesta entrada, como continuación da entrada onde explicamos que son e que tipos de constantes vitais hai, explicaremos os valores normais de cada un deles en certos rangos de idade e a anomalías ou valores que indican que algo vai mal.

Tensión arterial: Valores normais:
  • Sistólica: 110 - 140 mm de Hg.
  • Diástolica: 70 - 90 mm de Hg.
Alteracións:
  • Hipertensión: aumente da presión que exerce o sangue contra os vasos sanguíneos, secundaria a un gran número de problemas de carácter cardíaco (insuficiencias, infartos, hemorraxias), considérase hipertensión valores superiores a 140/90 en adultos e novos, e máis de 160/100 en anciáns.
  • Hipotensión: diminución da presión que exerce o sangue contra os vasos sanguíneos, secundaria a problemas de carácter cardíaco (deshidratación), considérase hipotensión valores inferiores a 90/60 en adultos novos e menor en anciáns

Temperatura: (axilar)
Valores normais: entre 36 e 37 que graos.
Alteracións:
  • Febre alta: entre 38 e 41 graos, aumentou excesivo da temperatura corporal, indica que algo non está a funcionar ben no organismo.
  • Febrícula: entre 37 e 38 graos, aumento lixeiro da temperatura corporal, adoita dar lugar a hipertermia e estar relacionado con procesos de incubación de virus.
  • Hiperpirexia: valores superiores aos 41,5 graos.
  • Hipotermia: valores inferiores a 35 graos.


Frecuencia cardíaca: Valores normais: entre 60 e 100
lpm Alteracións:
  • Taquicardia: máis de 100 lpm, aumento da frecuencia cardíaca.
  • Bradicardia: menos de 60 lpm, diminución da frecuencia cardíaca.


Frecuencia respiratoria:

Valores normais: 12 a 18 respiracións por minuto. Alteracións:
  • Taquipnea: sobre 20 respiracións por minuto, aumento da frecuencia respiratoria.
  • Bradipnea: menos de 12 respiracións por minuto, diminución da frecuencia respiratoria.
  • Apnea: ausencia de respiración.
  • Disnea: dificultade para respirar.



Referencias

    Día mundial do paciente anticoagulado

    ENFERMERÍA DOS COIDADOS MÉDICO - CIRÚRXICOS

         Unha das 7 especialidades da enfermería é a dedicada aos coidados médico-cirúrxicos, que consiste na axuda aos anestesistas e aos cirur...