25/11/2022

ENFERMERÍA DE SAÚDE MENTAL - PSIQUIÁTRICA

    A saúde mental consiste non benestar psicolóxico, emocional e social do ser humano. Inflúe en como pensamos, sentimos e en como afrontamos a nosa vida.  É unha parte moi importante da saúde que non se debe de descoidar por iso imos falar da importancia enfermeira dentro deste ámbito.

¿De que se encarga un enfermeiro especializado en saúde mental?

    Estes enfermeiros e enfermeiras tratarán un amplio espectro de pacientes de todas as ideas que presentan problemas mentais como son a depresión, esquizofrenia, estrés, ansiedade… Os enfermeiros e enfermeiras non traballan sós se non que forman parte dun amplio equipo sanitario formado tamén por psicólogos, psiquiatras, terapeutas ocupacionais, traballadores soiciais…



    Aínda que na actualidade estase intentando conseguir que a saúde mental deixe de ser un tema tan tabú, é un número moi reducido de persoas o que acude a unha enfermeira psiquiátrica para comezar os tratamentos e coidados necesarios.

    As enfermeiras de saúde mental proporcionan atención e apollo ás persoas con enfermidades mentáis, ensínanlles aos pacientes a convivir coa súa enfermidade e identificar as situacións de risco que poden ser perigosas tanto para eles mesmos como para as persoas que os rodean. Aínda que as funcións da enfermeira van depender do escenario no que se desenvolva (atención primária, grupos interdisciplinarios…) as súas principais funcicóns van ser: 

  • Realizar un análise exhaustivo sobre o diagnóstico de cada paciente e sobre o tratamento que debe seguir
  • Ofrecer á familia o apollo e a tranquilidade necesaria
  • Deberá manter un contacto directo cos pacientes para poder observalos constantemente e detectar todos os posibles cambios (positivos e negativos)
  • Aplicar as estratexias e exercicios adecuados para mellorar as condicións do paciente
  • Ademáis teñen competencias asistenciais, docentes, investigadoras e de xestión
¿Dónde poderá traballar unha enfermeira de saúde mental?

    O ámbito de actuación comprende: atención hospitalaria, centros de saúde mental especializados, centros de atención primaria, domicilios, institucións sociales (escolas, residencias, centros de acoxida…) e tamén en centros centrados en realizar actividades de rehabilitación centrados na saúde mental.

Referencias
    1. Formación DAE. Qué es la enfermería en salud mental o psiquiátrica [Internet]. Daeformacion. DAE Formación; 2022 [cited 2022 Nov 25]. Available from: https://daeformacion.com/enfermeria-mental-psiquiatrica/
    2. Euroinnova Business School. Cuidados de enfermería en salud mental [Internet]. Euroinnova Business School. 2022 [cited 2022 Nov 25]. Available from: https://www.euroinnova.edu.es/blog/cuidados-de-enfermeria-en-salud-mental

    Día mundial do paciente anticoagulado

    ENFERMERÍA DOS COIDADOS MÉDICO - CIRÚRXICOS

         Unha das 7 especialidades da enfermería é a dedicada aos coidados médico-cirúrxicos, que consiste na axuda aos anestesistas e aos cirur...