25/11/2022

COMO SE FAI UNHA GASOMETRÍA ARTERIAL?

Como alumnos en prácticas algo que presenciamos moitas veces foi a realización de gasometrías arterias a distintos pacientes das nosas respectivas plantas pero, qué é unha gasometría arterial? Pois non é máis que unha práctica enfermeira que pretende a medición da cantidade de osíxeno e dióxido de carbono en sangue. Tamén podemos detectar o pH (acidez) sanguíneo.

Cómo se realiza este exame?

    Tomaremos o sangue dunha arteria, aínda que tamén existe a gasometría venosa na que a sangue utilizada obtense dunha vea. Xeralmente as arterias de elección son: arteria radial (no pulso), arterial braquial (no brazo) e arteria femoral (na íngua).

    A continuación deixámosvos o link a un vídeo no que veredes o paso a paso dunha gasometría arterial; dende como atopar a arteria a como puncionar coa agulla: Como tomar unha gasometría arterial

Qué agulla se emprega?

    Existe unha xiringa de gasometría que é específica para a realización desta proba. Ten unha capacidade de 3ml cunha agulla de 22G. É esteril, con heparina de litio balanceada (para que o sangue non coagule).



Cómo se analizan os resultados?

    A continuación atoparás os valores estimados dos resultados da proba nun adulto, pero debes ter en conta que poderán variar segundo o laboratorio. 

Presión parcial de osíxeno

(PaO2)

 

> 80 mmHg

Presión parcial de dióxido de carbono

(PaCo2)

 

35-45 mmHg

pH

7´35-7´45

Bicarbonnato

22-26 mEq/L (miliequivalentes por litro)

Saturación de osíxeno

(SatO2)

95-100% (0´95-1´00)


    Referencias

    1. Gasometría arterial [Internet]. Medlineplus.gov. [cited 2022 Nov 25]. Available from: https://medlineplus.gov/spanish/ency/article/003855.htm
    2. Gasometría arterial [Internet]. Cigna.com. [cited 2022 Nov 25]. Available from: https://www.cigna.com/es-us/knowledge-center/hw/pruebas-mdicas/gasometra-arterial-hw2343
    3. Jeringa de 3 ml para gasometría con aguja de 22G. Caja de 100 uds [Internet]. Dhmaterialmedico.com. [cited 2022 Nov 25]. Available from: https://www.dhmaterialmedico.com/jeringa-de-3ml-para-gasometria-con-aguja-de-22g-caja-de-100-uds

    Día mundial do paciente anticoagulado

    ENFERMERÍA DOS COIDADOS MÉDICO - CIRÚRXICOS

         Unha das 7 especialidades da enfermería é a dedicada aos coidados médico-cirúrxicos, que consiste na axuda aos anestesistas e aos cirur...