25/11/2022

VÍAS INTRAVENOSAS

     A terapia de infusión intravenosa adoita ser a práctica de elección á hora de administrar medicación a pacientes hospitalizados. Existen distintos tipos de vías segundo a súa inserción: vías venosas periféricas (a cánula insértase nunha vea das extremidades; xeralmente nos miembros superiores) e as vías venosas centráis (a punta do catéter sitúase na vea cava, xusto antes da aurícula dereita). 

    Vaise escoller unha ou outra en función de:

  • Fármaco se vaia administrar
  • Duración do tratamento
  • Idade e estado do paciente
  • Comodidade do paciente
Vías intravenosas periféricas
    Son as máis sinxelas de implantar. Ińsertase un catéter tipo cánula para comezar rapidamente a infusión. O normal é que se coloquen no dorso da man, antebrazo ou zona antecubital. As veces óptase pola colocación no pé.



    Teñen unha duración limitada, hai que cambialas con certa frecuenica, o que conleva a cambiar tamén o punto de inserción.

    Para que poidades ver como transcurre a súa colocación deixámosvos este vídeo tan interesante que atopamos en youtube.

Vías venosas centráis
    Insértanse en venas de gran calibre o que permite a administración de un maior volumen de líquido ao mesmo tempo que reduce o risco de extravasación. Teñen unha duravilidade moito maior.
Poderemos atoparnos con diferentes tipos:
  • Vías venosas centráis con catéter simple: insértase directamente nunha vea de alto calibre (xugular ou subclavia)


  • Reservorios intravenosos: poden ser permanentes ou semipermanentes. Insértase un reservorio cun septum de silicona baixo a pel do peito do paciente. A través deste reservorio inxectarase a medicación


  • PICCs: vías venosas centráis de inserción perifñerica. Úsase un catéter longo que chega ata as veas de alto calibre.


  • Líneas Media: son similares as PICCs pero son máis curtos e teñen unha colocación máis sinxela. Son un caso especial porque non se sitúan nunha vea de alto calibre pero si contan cun alto fluxo para poder administrar a medicación que non podería pasarse por cánula.
    Se tedes curiosidade por ver como é o procedemento de colocar unha vía central podedes pinchar no seguinte link.


    Tanto nun catéter periférico como nun catéter central haberá que realizar os coidados do catéter limpiando o punto de inserción con gasas, soro fisiolóxico e antiséptico de elección (clorhexidina 2%). A hixiene dun cateter central deberá realizarse con guantes estériles, que non son necesarios para manipular un catéter periférico.

Referencias
    1. Tipos de vías intravenosas y su uso en el hospital [Internet]. Arcomed. 2018 [cited 2022 Nov 22]. Available from: https://www.arcomed.com/es/tipos-de-vias-intravenosas-y-su-uso-en-diferentes-areas-del-hospital/
    2. De Enfermería D. CUIDADOS DE ENFERMERÍA EN EL CATÉTER VENOSO CENTRAL Grupo de Trabajo de Catéteres Intravasculares/ Comisión de Infección Hospitalaria, profilaxis y política antibiótica. MARZO 2004 [Internet]. Sefh.es. [cited 2022 Nov 22]. Available from: https://gruposdetrabajo.sefh.es/afinf/documentos/articulos/Protoc1.Enferm.12octubre1.pdf





    Día mundial do paciente anticoagulado

    ENFERMERÍA DOS COIDADOS MÉDICO - CIRÚRXICOS

         Unha das 7 especialidades da enfermería é a dedicada aos coidados médico-cirúrxicos, que consiste na axuda aos anestesistas e aos cirur...