Retomando o tema dos inhaladores, volvemos a facer fincapé na importancia da súa administración falando un pouquiño de como se realizaría un uso correcto de cada un.
INHALADOR DE CARTUCHO PRESURIZADO
En primeiro lugar, baleira o aire dos teus pulmóns cun soplido lento. Coloca o dispositivo na boca, pecha os beizos ao redor da embocadura sen apretar e comeza a coller aire pola boca.
Logo debes presionar o inhalador e continuar collendo aire pola boca. Retira o dispositivo da boca, mantén os beizos pechados e aguanta a respiración durante dez segundos.
Finalmente bota o aire lentamente. Tapa o inhalador. Enxauga a boca con auga.
NOTA: unha vez á semana é recomendable retirar o cartucho do plástico e lavar o plástico con auga e xabón.
CÁMARAS DE INHALACIÓN
As cámaras de inhalación son un complemento moi útil que axudan mellorar a entrada do medicamento nos pulmóns, xa que reducen en gran medida o problema da coordinación entre coller aire (inspiración) e a pulsación (saída do medicamento). Para o seu uso debes comezar axustando o cartucho no buraco da cámara en posición vertical.
Vacía o aire dos pulmóns. Colle a cámara cunha man e achégaa aos beizos, pechaos ao redor da embocadura da cámara. Coa outra man colle o inhalador e apreta o dispositivo unha vez. Colle aire da cámara.
A partir de aquí podes realizar unha única inspiración profunda, retirar a cámara da boca e aguantar a respiración de cinco a dez segundos. Enxáugate a boca tras a inhalación. Desmonta o equipo e lava con auga a cámara despois de cada uso.
Hai dous tipos de inhaladores en pó: os de dose única e os de multidose.
No inhalador en pó de dose única necesitas introducir o medicamento dentro do dispositivo e presionar o botón que perfora a cápsula que libera o produto antes da inhalación.
Saca o aire amodo dos pulmóns. Achega a embocadura aos beizos e péchaos ao redor. Colle o aire profunda e lentamente. Retira o dispositivo da boca e cos beizos pechados aguanta a respiración dez segundos. Abre a embocadura e tira a cápsula. Enxauga a boca con auga.
O sistema multidose pode ter forma de barra ou de disco.
O que ten forma de tubo debe activarse virando a parte inferior do dispositivo, primeiro cara á dereita e logo cara á esquerda ata oír un “clic”: saca o aire dos pulmóns, achega o dispositivo á boca e axusta os beizos contorna a el. Colle aire pola boca para que o medicamento entre nos teus pulmóns. Retira o dispositivo da boca e cos beizos pechados contén a respiración dez segundos. Saca o aire pola boca lentamente. Repite o proceso se necesitas outra inhalación, esperando uns trinta segundos entre elas. Enxáugate a boca con auga. O inhalador de sistema multidose en forma de disco debe cargarse accionando a panca lateral ata oír un “clic” e proceder á inhalación de forma similar ao anterior. NOTA: este dispositivos non se deben mollar con auga, utiliza un pano de papel para limpar a embocadura tras o seu uso. Ademais, teñen un indicador de dose que debes ir controlando
NEBULIZADORES
O nebulizador é un aparello eléctrico que tranforma en vapor o medicamento para que se poida respirar.
O seu uso require supervisión previa, adestramento e seguimento de instrucións, tanto para a preparación da medicación como para o uso do aparello nebulizador. Tamén require dispoñer dun servizo técnico e coñecer a quen acudir en caso de fallo do aparello.
Referencias