04/11/2022

SONDAS VESICAIS

 Que son as sondas vesicais? 

    Según a OMS, unha sonda vesical é un catéter que se introduce a través do meato urinario ate a vexiga, co fin de establecer unha vía de drenaxe temporal, permanente ou intermietente desde esta cara o exterior con fins diagnósticos e/ou terapéuticos. Co sondaxe vesical preténdese conseguir os seguintes obxectivos:

  • Disminuir o risco dunha posible infección 
  • Conseguir aceso á vexiga para completar os obxectivos diagnósticos e/ou terapéuticos
  • Evitar a retención urinaria
  • Corrixir a incontinencia 
  • Medir a diuresis

Tipos de sondas

    As sondas vesicais diferéncianse segundo o seu material (látex, silicona, PVC…), diámetro, número de luces, capacidade do balón, forma da punta…

  • Nelaton: é recta, cunha única vía e sen balón. Utilízase para o vaciado vesical ou recollida de mostras.
  • Foleyde 2-3 vías e balón con capacidade de 5-30 cc. Empregada en sondaxe permanente.
  • Tiemann: acodada na punta, especialmente útil en pacientes prostáticos ou vaciados dificultosos.



  • Couvelaire: de 2-3 vías e con forma de pico de flauta. Emprégase en pacientes con hematuria para manter un circuito de lavado. 


Procedemento

    Tanto en homes coma en mulleres trátase dunha práctica estéril

  • En homes: desinféctase o prepúcio con gasas e antiséptico. Co paciente tumbad cara arriba e o pene colocado en posición perpendicular  avánzase ca sonda, previamente lubricada, ate que corra urina a través da mesma. A continuación ínflase o balón con auga destilada para que a sonda permaneza na vexiga. Por último conectamos a sonda ao colector e comprobamos que a urina sigue fluíndo.
  • En mulleres: a paciente deberá colocarse cara arriba, coas rodillas flexionadas e en abducción. Sepáranse os labios menores e cunha solución antiséptica e gasas límpase a salida da uretra. Lubrícase a sonda e introdúcese a unha profundidade de 10-12 cm ata que aparece urina. Inflamos o balón con auga destilada e conectamos a sonda ao colector.


Retirada

    Retirar a sonda xa non se trata dunha práctica estéril. Pinzamos a sonda para evitar que a orina siga fluíndo. Cunha xeringa vaciamos o balón. Indicamos ao paciente que realice respiracións profundas ao mesmo tempo que retiramos a sonda lenta e suavemente.


Referencias

  1. Sondas vesicales [Internet]. Medlineplus.gov. [citado el 10 de noviembre de 2022]. Disponible en: https://medlineplus.gov/spanish/ency/article/003981.htm
  2. ¿Qué tipo de catéteres y sondas existen? [Análisis y clasificación del sondaje vesical] [Internet]. Blog de oposiciones | OpositaTest. OpositaTest; 2022 [citado el 10 de noviembre de 2022]. Disponible en: https://blog.opositatest.com/que-tipo-de-cateteres-y-sondas-existen/





Día mundial do paciente anticoagulado

ENFERMERÍA DOS COIDADOS MÉDICO - CIRÚRXICOS

     Unha das 7 especialidades da enfermería é a dedicada aos coidados médico-cirúrxicos, que consiste na axuda aos anestesistas e aos cirur...