05/11/2022

ENEMAS

    Os enemas son unha das moitas ferramentas que vexo utilizar casi cada día nas miñas prácticas no hospital pero, qué son? Un enema é un líquido que se inxecta polo ano a través dun pequeno tubo con fins laxantes, terapéuticos ou analíticos.

Tipos de enemas

    Segundo o obxectivo que queiramos conseguir diferenciamos distintos tipos de enemas:

  • De limpeza: preténdese eliminar a materia fecal estimulando o peristaltismo do intestino. Esta estimulación consíguese mediante a irritación ou distensión de colon e recto.
  • Lubricante: o obxectivo é facilitar a expulsión das heces mediante a aplicación dunha sustancia emoliente.
  • Terapéutico: para a administración de fármacos.
  • Dignóstico: adminístrase unha solución para, posteriormente, realizar unha proba diagnóstica.

Administración
    Colocaremos ao paciente en posición lateral sobre o lado esquerdo e coa rodilla dereita flexionada (posición de sims esquerda). 

    A continuación lubricaremos unha sonda rectal e introducirémola a través do recto entre 7 e 10 cm ao mesmo tempo que indicamos ao paciente que respire profundamente para que esté o máis relaxado posible. 
    
    É momento de administrar a solución (auga, solución salina, solución jabonosa, fármaco…). Administrarase lentamente, por gravedad ou por presión e interrumpirase o fluxo en case de que apareza dor, hemorraxia, cambras… Unha vez administrado retirarase a sonda e colocarase ao paciente en posición de sims dereita. 


    A continuación lubricaremos a sonda e introducirémola a través do recto uns 7 a 10cm ao mesmo tempo que indicamos ao paciente que respire profundamente para que esté o máis relaxado posible. 
    
    É momento de administrar a solución (auga, solución salina, solución jabonosa, fármaco…). Administrarase lentamente, por gravedad ou por presión e interrumpirase o fluxo en case de que apareza dor, hemorraxia, cambras… Unha vez administrado retirarase a sonda e colocarase ao paciente en posición de sims dereita. 
    
    O enema mantense no intestino o tempo recomendado segundo os obxectivos deseados, despóis colocarase ao paciente nunha cuña ou no aseo para que se libere o contido do intestino. Por último realízase a hixiene da zona anal.

Referencias

  1. Enema (solución fisiológica) [Internet]. Aeped.es. [citado el 10 de noviembre de 2022]. Disponible en: https://www.aeped.es/comite-medicamentos/pediamecum/enema-solucion-fisiologica
  2. Aires E. Tipos de enemas - Motivos terapéuticos - 2022 [Internet]. Enfermería Buenos Aires. 2019 [citado el 10 de noviembre de 2022]. Disponible en: https://enfermeriabuenosaires.com/tipos-de-enemas/

Día mundial do paciente anticoagulado

ENFERMERÍA DOS COIDADOS MÉDICO - CIRÚRXICOS

     Unha das 7 especialidades da enfermería é a dedicada aos coidados médico-cirúrxicos, que consiste na axuda aos anestesistas e aos cirur...