Algo moi frecuente que nos atopamos nunha planta de otorrino son pacientes cunha traqueostomía, isto é, unha apertura na parte anterior do pescozo que se realiza mediante un procedemento cirúrxico, xa sexa esta ciruxía planeada ou de emerxencía. O obxectivo é crear unha vía respiratoria alternativa para as persoas que non poden respirar por si mesma ou que teñen unha osbtrucción respiratoria.
É importante non confundir o termo traqueostomía con traqueotomía, pois está última é o nome que recibe o proceso cirúrxico da apertura no pescozo para a creación da traqueostomía. Baixo anestesia xeral, realízaranse as inncisións cirúrxicas necesarias para acceder aos aneis cartilaxinosos da tráquea. Por último, o ciruxán, crea unha apertura na tráquea a través da cal se introducirá unha cánula.
Unha traqueostomía pode empregarse como solución temportal ou permanente:
- Temporal: ante unha obstrucción ou lesión traqueal, cando é necesario un respirador…
- Permanente: por exemplo, cando é necesaria a extirpación da tráquea.
- Con balón/globo: parte da cánula que se infla para evitar a broncoaspiración.
- Con camisa/cánula interna: chamámoslle camisa a un tubo que vai dentro da cánula e que se pode sacar con total facilidade, o que axuda notablemente a limpeza da cánula
![]() |
| Colocación interna |
![]() |
| Apariencia exterior |
- ¿Qué es una traqueostomía? [Internet]. Cancer.org. [citado el 10 de noviembre de 2022]. Disponible en: https://www.cancer.org/es/tratamiento/tratamientos-y-efectos-secundarios/tipos-de-tratamiento/cirugia/ostomias/traqueotomia/que-es-una-traqueotomia.html
- Laccourreye L, Dubin J. Traqueotomía. EMC - Cir Otorrinolaringol Cervicofac [Internet]. 2002 [citado el 10 de noviembre de 2022];3(1):1–9. Disponible en: https://medlineplus.gov/spanish/ency/article/002955.htm
- Gálvez González MA. Procedimiento de traqueostomía percutánea: control y seguimiento de enfermería. Enferm Intensiva [Internet]. 2009 [citado el 10 de noviembre de 2022];20(2):69–75. Disponible en: https://www.elsevier.es/es-revista-enfermeria-intensiva-142-articulo-procedimiento-traqueostomia-percutanea-control-seguimiento-13138305


