Unha acción moi habitual que imos facer vai ser a retirada de puntos dunha ferida cirúrxica.
Primeiramente, antes de pasar á acción, debemos ter en contas aspectos como: infección, dehiscencia... da ferida. Ademais, é importante manter unha espera aproximada de 7-10 días desde a intervención da ferida ata quitar os puntos para evitar complicacións.
OBXECTIVOS
Retirar substancias que actúen como corpo estraño sobre o organismo, promover a continuidade durante o proceso de cicatrización e drenar abscesos e/ou seromas, se se atopasen na ferida.
MATERIAIS NECESARIOS
Guantes estériles e non estériles, gasas estériles, panos estériles, antiséptico, apósitos, tixeiras, tiras de aproximación, pinzas estériles, extractor de grapas.
PROCEDEMENTOPrimeiramente realizaremos un bo lavado de mans. Logo limparemos a zona da sutura cunha solución antiséptica tanto antes como despois da retirada dos puntos.
Se os puntos están separados: suxeitamos o punto coas pinzas, tiramos del cara a fóra para que a porción do fío que se atopa debaixo poida quedar visible. Cortamos por baixo do nó, o máis próximo posible á pel. Extraemos suavemente cada punto suxeitando a pel de maneira semellante coa outra man, para evitar así tanto a tracción como a molestia no paciente.
Se os puntos son continuos: mobilizamos ambos os extremos da sutura. Cortamos un destes extremos e tiramos do outro de forma suave mentres suxeitamos á vez a pel coa man que nos quede libre, ata conseguir sacar todo o fío da sutura.
Grampas: collemos a grampa pola zona central co extractor de grampas e presionamos este de forma profunda cun único movemento. A grampa sairá soa unha vez realizado este procedemento.
Finalmente, colocamos un apósito para protexer así a ferida, retiramos todo o material utilizado durante a técnica, retiramos os guante e volvemos a realizar o lavado de mans con xabón, preferiblemente antiséptico, ou na súa falta utilizar unha solución hidroalcohólica.
Referencias
