Hai varios tipos de sistemas colectores. En xeral, podemos clasificalos en 2 grandes grupos dependendo do material que se elimine a través do estoma. Así distinguimos: dispositivos de eliminación intestinal e dispositivos de eliminación urinaria
Todos posúen un filtro de gases para evitar os malos olores.
Ámbolos dous podemos atopalos de dúas maneiras: de 1 ou de 2 pezas. Os de 2 pezas teñen unha parte adhesiva (que vai pegada ao abdome e se mantén durante
2-3 días) á que se lle encaixa de distintos xeitos a bolsa colectora (que se retirará e
cambiará cando sexa necesario, sen quitar o adhesivo). Tamén hai dispositivos flexibles
nos que en vez de encaixar a bolsa esta pegarase ao disco. Nas bolsas dunha peza a parte que se fixa ao abdome e a bolsa están unidas, de modo que cando sexa necesario cambialos hai que mudar todo o equipo (non deben manterse máis de 24h).
Esteticamente, os dispositivos poden ser abertos ou pechados, transparentes ou opacos,
grandes, pequenos... A elección do dispositivo depende de varios factores e situacións, por exemplo:
- Dispositivo con bolsa transparente en estado postoperatorio e durante a estancia
hospitalaria para controlar a evolución e vixiar as secrecións.
- Dispositivo de pequeno tamaño, circular e opaco para ocasións nas que se queira
disimular a bolsa (ir á praia/piscina, manter relacións sexuais...). Non obstante, hai
que ter en conta que este tipo de dispositivos deben cambiarse con maior
frecuencia debido ao seu tamaño (25-45 min).
Deixámosvos un video onde amosan á perfección os distintos tipos de sistemas colectores. Ver a partir do minuto 6: