09/11/2022

DESCUBRIMENTO DE CIENTÍFICOS ESPAÑOIS SOBRE O CANCRO DE COLON

     Os especialistas do IRB de Barcelona lograron identificar as células malignas que son responsables da metástase en pacientes con cáncer de colon.

    O hallazgo demostra que a inmunoterapia temprana, anterior á cirurxía, pode eliminar estas células antes de que inicien unha metástase e, así, previr as recidivas na enfermidade.

    Segundo a investigación, liderada polo biólogo Eduard Batlle, este traballo abre a vía a desarrollar novos enfoques terapéuticos e ferramentas diagnósticas para frear a súa progresión e mellorar o pronóstico deste tipo de cáncer, o terceiro máis común, con cerca de dous millóns de novos casos cada ano no mundo.

    Batlle recordou que a maioría dos pacientes son diagnosticados cando o tumor do cáncer aínda está localizado no colon ou no recto, polo que se extirpa mediante cirurxía e en moitos casos trátase con quimioterapia para evitar recidivas. Porén, nun porcentaxe de casos (entre 20% e 35%), a enfermidade reaparece noutros órganos en forma de metástase.

    Segundo Batlle, a metástase orixínase por células tumorais residuais que permanecen ocultas no momento da cirurxía, principalmente no fígado e no pulmón.

    Ata agora, a investigación en cáncer colorrectal centrouse en entender a enfermidade primaria, aínda que nos últimos anos tamén houbo avances en caracterizar a enfermidade metastásica unha vez se manifesta. Non obstante, aínda non se puidera investigar esta pequena poboación de células tumorais que se encontra diseminada e que é invisible ás técnicas diagnósticas usadas na clínica.

    En resumo, na actualidade, o equipo de Eduard Batlle identificou por primeira vez células tumorais residuais ocultas no fígado e pulmón, e caracterizou como evolucionan ata que aparece a metástase nestes órganos.

    Compártovos un enlace á noticia. Espero que vos resultara interesante!

Día mundial do paciente anticoagulado

ENFERMERÍA DOS COIDADOS MÉDICO - CIRÚRXICOS

     Unha das 7 especialidades da enfermería é a dedicada aos coidados médico-cirúrxicos, que consiste na axuda aos anestesistas e aos cirur...