10/11/2022

COMO ACTUAR ANTE UN ILLAMENTO?

    Os diferentes tipos de illamentos utilízanse como medida preventiva para evitar a transmisión de enfermidades infecciosas. Grazas a eles, conséguese:

    - Diminuír o risco de infección para o paciente, persoal sanitario e visitantes mediante a interrupción da cadea de transmisión.

    - Reducir a incidencia das infeccións nosocomiais.

    - Previr e controlar brotes.

    - Mellorar a calidade asistencial.

    Este tema pode que, a priori, non vos chame á atención, mais non dubidedes que é fundamental entrar nun hospital con dito coñecemento. 

    Sen ir moi lonxe, póñovos o meu exemplo:

    No meu caso, o primeiro día de prácticas carecía desta información. Polo tanto, entrei na habitación dun illado sen saber o que estaba facendo. Fíxeno sen vestirme adecuadamente e, aínda por riba, metín un tensiómetro, termómetro e pulsioxímetro de fóra. Logo de ler esta entrada entenderedes o grave error que cometín.

    Ese día, non só puxen en risco a miña saúde, senón a do resto de pacientes da planta.

    Agora, coñecida a súa relevancia, paso a comentar os distintos tipos de illamentos hospitalarios. Invítovos a seguir lendo!

ILLAMENTO INVERSO

    Trata de protexer os pacientes inmunodeprimidos: queimados máis do 25%, transplantados...

ILLAMENTO DE CONTACTO

    Ten como obxectivo previr enfermidades infecciosas que se propagan por contacto directo: gangrena gaseosa, herpes simple diseminado, feridas abertas, queimaduras de menos do 25%, piodermas, etc.

ILLAMENTO RESPIRATORIO

    Faise coa finalidade de previr a propagación de enfermidades transmisibles por vía aérea. Exemplos destas son: varicela, meninxite, sarampión, rubeola, tuberculose pulmonar...

CARACTERÍSTICAS DOS ILLAMENTOS

    - Habitación individual*

    *Nos illamentos respiratorio e de contacto, os pacientes que estén contaminados polo mesmo microorganismo, poden compartir habitación.

    - Sinalización adecuada (carteis na porta, constancia na historia clínica).

    - Porta pechada e restricción de visitas.

    - Obrigatorio o uso de mascarilla, bata, guantes e calzas mentres se esté dentro da habitación (tanto persoal sanitario como visitas), excepto no illamento respiratorio (só mascarilla).

    - O material necesario para vestirse debe de encontrarse preparado no interior da habitación, ao igual que o instrumental necesario para tomar as constantes e facer curas.

    - Ao saír do cuarto, as prendas contaminadas depositaranse nun contedor sinalizado, excepto as mascarillas que se cambiarán fóra da mesma.

    - Lavado de mans: debe de realizarse sempre..

    - Nunca tocar sen guantes as feridas ou lesións no illamento de contacto.

Referencias

1. https://www.saludcastillayleon.es/HSReyesAranda/es/informacion-general/calidad/precauciones-aislamientos-patologia-infecciosa

2. http://www.enfermeriadeurgencias.com/ciber/PRIMERA_EPOCA/2003/diciembre/aislamiento.htm

3. https://www.elsevier.es/es-revista-anales-pediatria-continuada-51-articulo-precauciones-aislamiento-atencion-sanitaria-S1696281814702148

Día mundial do paciente anticoagulado

ENFERMERÍA DOS COIDADOS MÉDICO - CIRÚRXICOS

     Unha das 7 especialidades da enfermería é a dedicada aos coidados médico-cirúrxicos, que consiste na axuda aos anestesistas e aos cirur...