27/11/2022

ENFERMERÍA XERIÁTRICA

 
Como xeriatría entendemos a rama da medicina que se ocupa das enfermidades propias da vellez e do seu coidado.

A especialidade en enfermería xeriátrica inclúe tanto a rama da medicina, que sería a xeriatría, como a rama da ciencia, que sería a xerontoloxía. O conxunto de ambas, crean a especialidade máis social de todas as que compoñen a enfermería.


De que se encarga unha enfermeira especializada en enfermería xeriátrica?


A principal misión dunha enfermeira xeriátrica é achegar unha atención individualizada de calidade á persoa maior que asiste. 

Dentro desta atención debe saber: valorar as necesidades de atención, priorizar entre elas e fomentar a autonomía do doente na medida das súas posibilidades.

 

Cales son as súas principais funcións?


1. Asistencial

Céntrase en atender ás persoas maiores de maneira individualizada, promovendo o seu autocoidado, fomentando a súa autonomía e por tanto, retrasando as situacións de dependencia.

Ademais, valora casos e detecta situaciónsde risco. 

2. Xestora

Organizan os recursos dispoñibles e realízanse funcións administrativas.

3. Docente

4. Investigadora

O principal obxectivo desta función é a mellora dos coidados e da atención que se lle ofrece a este sector da poboación e aos seus familiares.


Onde pode traballar unha enfermeira xeriátrica?


Unidades hospitalarias xeriátricas de agudos, hospitais xeriátricos de día, residencias de persoas maiores, atención domiciliaria. 

 

Referencias

  1. https://cursosfnn.com/blogcursosfnn/enfermeria-y-especialidades/especialidad-enfermeria-geriatrica/
  2. https://grupolasmimosas.com/mimoonline/papel-la-enfermeria-geriatrica/

 



 

 

Día mundial do paciente anticoagulado

ENFERMERÍA DOS COIDADOS MÉDICO - CIRÚRXICOS

     Unha das 7 especialidades da enfermería é a dedicada aos coidados médico-cirúrxicos, que consiste na axuda aos anestesistas e aos cirur...