Unha ostomía é unha abertura artificial (estoma) creada cirurxicamente desde o corpo cara a fóra para permitir o paso de ouriños e feces.
Úsase para tratar certas enfermidades dos sistemas dixestivos ou urinarios.
Pode ser permanente, cando se extirpa un órgano, ou temporario, cando un órgano necesita sanar.
En xeral, realízase no intestino delgado, o colon, o recto ou a vexiga.
Existen moitos tipos distintos de estomas. Algúns exemplos son: ileostomía (a última parte do intestino delgado únese ao estoma evitando así o colon, recto e ano), colostomía (o colon está unido ao estoma evitando así o recto e o ano) e urostomía (os tubos que levan os ouriños á vejiga, uréteres, únense ao estoma evitando así a vexiga).
Nesta entrada imos facer especial fincapé no proceso de marcaxe, é dicir, en como atopar o lugar idóneo para realizar unha ostomía.
Primeiramente debemos localizar o punto idóneo, deste xeito, eliximos un dos cadrantes
inferiores do abdome e imaxinamos un triángulo, tomando coma vértices o ombligo, a
cresta ilíaca e o punto medio da pube. Logo trazamos as bisectrices e o punto de
intersección sería o lugar máis axeitado para colocar o estoma.
Unha vez feito isto, debemos realizar unha proba dinámica (adoptando distintas posturas,
realizando actividades da vida diaria...) cun dispositivo de ostomía para comprobar que ao
paciente lle resulta cómodo.
Ademais, debemos ter en conta que o estoma debe ubicarse nunha zona plana do abdome
(evitando pliegues cutáneos ou relieves adiposos, cicatrices, zonas de roce...) onde o paciente poida velo para ser autónomo nos seus coidados.
Deixámosvos un díptico a modo de resumo:
Referencias
- https://medlineplus.gov/spanish/ostomy.html
- https://www.coloplast.es/Global/Spain/Ostomia/Productos/imagenes/DipticoMarcajeEstoma.pdf
