A medula ósea é o tecido brando e xelatinoso que atopamos no interior oco de certos osos. Este tecido alberga aos proxenitores hematopoéticos ou células nai, é dicir, é o encargado de producir os diferentes tipos de glóbulos sanguíneos, incluíndo: os glóbulos vermellos ou eritrocitos, que levan o osíxeno ate os pulmóns e a todas as células do corpo; os glóbulos brancos ou leucocitos; e as plaquetas, que contribúen á coagulación sanguinea.
A doazón de médula é tan importante porque ás veces o seu transplante é a única curación posible para moitas persoas que padecen enfermidades como leucemias ou linfomas.
Os requisitos imprescindibles para a doazón son: - Ter entre 18 e 40 anos - Pesar máis de 50 quilos. - Gozar de boa saúde. É un compromiso a longo prazo, polo que se deberá ter ter clara toda a información antes de solicitar ser doante. Unha vez que pedida a cita no hospital ou Centro de Transfusións levarase a cabo o seguinte proceso:- Asinarase un consentimento. Por iso é importante estar informado antes de ir.
- Realizarase unha extracción de sangue (como unha analítica). Con este sangue realizarase unha tipaxe de histocompatibilidade HLA e determinarase o grupo sanguíneo para determinar con que doentes pode ser compatibel.
- Serás incluído no REDMO (Rexistro Español de Doantes de Medula Ósea).
En ambas intervencións, as molestias e riscos para o doante son mínimos e os riscos practicamente inexistentes.