27/11/2022

QUE É O SAF??

A síndrome do espectro alcohólico fetal é o termo global para un grupo de condicións que poden presentarse nun individuo cuxa nai inxeriu e abusou do alcol durante o embarazo. A forma máis severa do devandito trastorno coñécese como Síndrome Alcohólica Fetal (SAF). 

O diagnóstico clínico do SAF repousa nun grupo composto por tres elementos semiolóxicos que constitúen o conxunto nuclear das manifestacións da síndrome:

  1. Atraso do crecemento intrauterino e extrauterino.
  2. Dismorfismo facial característico.
  3. Anomalías morfofuncionais do neurodesenvolvemento no Sistema Nervioso Central (SNC).

 

Os nenos nados baixo esta afección póden presentar síntomas a nivel físico como: pouco peso ao nacer, percentiles baixos en talla e peso progresivos, microcefalia (diámetro cranial pequeno), problemas de desenvolvemento, problemas orgánicos (sopro cardíaco, déficits visuais, auditivos), anormalidades faciais (inclúen ollos de tamaño inferior ao normal, fazulas aplanadas, malformación do padal, orellas...), coordinación deficiente do sistema locomotor... 

Ademais a nivel psicolóxico é común amosar presenza de sintomatoloxía TDAH, é dicir, hiperactividade, déficit atencional e impulsividade, condutas atípicas (aleteo, abalos, berros, movementos repetitivos improductivos como cheirar certas cousas, arrancamiento de pelo, sen finalidade aparente), problemas de relación cos iguais, socialización conflitiva, falta de imaxinación ou curiosidade, dificultades de aprendizaxe (diminución de memoria, incapacidade para entender conceptos, mala comprensión da linguaxe...)...

Estas características psicolóxicas adoitan xerarlle problemas de adaptación familiar, escolar e social aos nenos.

Cómpre sinalar a inexistencia de tratamento unha vez nacido o neno, as alteracións provocadas polo alcol dan lugar a lesións irreversibles e permanentes.

Referencias

  1. https://cuidadores.unir.net/informacion/enfermedades/otras/1459-que-es-el-saf
  2. https://www.defensorba.org.ar/contenido/9-de-septiembre-dia-del-sindrome-alcoholico-fetal-saf

Día mundial do paciente anticoagulado

ENFERMERÍA DOS COIDADOS MÉDICO - CIRÚRXICOS

     Unha das 7 especialidades da enfermería é a dedicada aos coidados médico-cirúrxicos, que consiste na axuda aos anestesistas e aos cirur...