13/11/2022

COLOSTOMÍAS

Que é unha colostomía? Unha colostomía é un tipo de cirurxía que consiste na apertura da parede abdominal e na extracción de parte do intestino groso/colon cara ao exterior, quedando así unha estrutura circular denominada estoma, a través da cal se producirá a liberación e expulsión dos gases e da materia fecal, evitando que esta salga do corpo de forma natural polo recto.



Tipos de colostomías: As colostomías poden ser de dous tipos en función do tempo de duración:

  • Temporais: a súa función é evitar que certas partes do intestino que se atopan nun proceso de inflamación reciban a materia fecal e pola tanto continúen infectándose, inflamándose e causando dor. Adoita tratarse de problemas intestinais que requiren de certo tempo de sanación, unha vez isto ocorra se reoperará o estoma e volverase ao tránsito intestinal habitual polo recto.
  • Permanentes: ten lugar cando parte do intestino deixa de funcionar e ten que ser extraída, como é no caso dunha neoplasia de colon sigmoideo ou de recto, nas que o estoma pasa a ser o seu novo lugar para a expulsión das feces.

Bolsas colectoras: A materia fecal expulsada a través do estoma debe de ser recollida por unha bolsa, xa que ao carecer do reflexo voluntario para defecar será unha liberación continuada. As bolsas colectoras da materia fecal poden ser de varios tipos en función do tamaño doestoma, de si esta retraído ou protuído, de se a pel que o rodea está inflamada ou edematosa. Dunha peza:

  • Consiste nunha bolsa cun sistema adhesivo que se pega á pel do paciente rodeando o estoma.
  • Poden ser abertas, a materia fecal pode liberarse abrindo a bolsa sen necesidade de quitala, ou pechadas, onde para liberar meteríaa fecal necesitas refugar a bolsa.
  • Deben cambiarse cando estean pola metade, que adoita ser cada dous días.
De dúas pezas:
  • Consiste nun disco que vai pegado á pel do paciente rodeando o estoma, ao cal se lle insere a bolsa colectora facendo presión.
  • Ao ser un sistema separado de bolsa e de mecanismo de suxeición, o disco cambiarase cada tres días para evitar a irritación e a bolsa a condición de que sexa necesario.
  • É moi utilizada en colostomías permanentes para evitar quitar o adhesivo e a bolsa á mesma vez provocando posibles irritacións, é dicir é máis funcional.


Referencias


Día mundial do paciente anticoagulado

ENFERMERÍA DOS COIDADOS MÉDICO - CIRÚRXICOS

     Unha das 7 especialidades da enfermería é a dedicada aos coidados médico-cirúrxicos, que consiste na axuda aos anestesistas e aos cirur...