Que é unha sonda nasogástrica?
Unha sonda nasogástrica (sonda NG) é un tipo de sonda especial que leva os alimentos e medicamentos ata o estómago a traves da nariz. Unha mesma sonda pode manterse entre 4 a 6 semanas aproximadamente. Ademáis da alimentación pode ter outras funcións como:
- Aspiración de secrecións gastroduodeais
- Lavado de estómago
- Prevención de broncoaspiración
SONDA | MATERIAL | Nº DE LUCES | DURACIÓN | USO |
Levin | Polivinilo | 1 | 7-10 días | Alimentación, infusión de medicamentos, aspiración intestinal e hemorraxias gástricas |
Salem | PVC atóxico | 2, unha para aire e outra para drenaxe | Período corto de tempo | Alimentación e aspiración gástrica |
Freka | Poliuretano transparente | Nalgúns caso chegan a ter ata 3 luces | Ata 8 semanas | Nutrición enteral |
![]() |
| Levin |
![]() |
| Salem |
![]() |
| Freka |
Colocación e retirada
O primerio paso será informar ao paciente posto que necesitamos da súa colaboración para a colocacióon da sonda.
Colocaremos ao paciente en posición de Fowler (semisentado). Agora necesitamos saber a lomxitude de sonda debemos introducir; corresponderase coa medida que vai dende a punta do nariz ao lóbulo da orrella e ata o final do esternón. No adulto erán uns 50cm aproximadamente.
Aplicamos lubricante nos últimos 15 cm e introducimos a sonda horizontalmente, pedimos ao paciente que trague para introducir correctamente a sonda polo esófago. Cando cheguemos a lonxitude anteriormente marcada comprobaremos que a sonda esté ben colocada: fáremolo mediante a aspiración do contido gástrico ou mediante a insuflacción dun bolo de aire ao mesmo tempo que auscultamos no epigastrio.
Por último debemos asegurar a sonda cun esparadrapo de tela; enrrollarémolo arredor da sonda e pegaremos unha parte no nariz. A posición do espradrado no nariz deberase cambiar unha vez ao día para evitar a aparición de feridas.
A retirada da sonda NG e sinxela, despegaremos o esparadrapo e tiraremos cuidadosamente da sonda cara fora.
- Sonda de alimentación nasogástrica [Internet]. Medlineplus.gov. [cited 2022 Nov 12]. Available from: https://medlineplus.gov/spanish/ency/patientinstructions/000182.htm
- Sonda Nasogástrica [Internet]. Salud Savia. [cited 2022 Nov 12]. Available from: https://www.saludsavia.com/contenidos-salud/otros-contenidos/sonda-nasogastrica
- EMS Solutions International. INTUBACION NASOGASTRICA / SONDA NASOGASTRICA. GUIA ; VIDEOGUIA [Internet]. Blogspot.com. [cited 2022 Nov 13]. Available from: http://emssolutionsint.blogspot.com/2017/09/intubacion-nasogastrica-sonda.html



