11/11/2022

QUE NOS PERMITE SABER UNHA TIRA DE OURIÑA?

    As tiras de ouriña veñen presentadas en forma de cintas de papel. Estas posúen un reactivo químico no seu extremo que cambia de cor ao entrar en contacto co fluído. Respecto á lectura da proba, pode dicirse que o resultado é fácil de interpretar grazas ao sistema de escala colorimétrica que podedes ver na imaxe inferior.

    No meu paso polo hospital, só vin como se lle realizaba esta proba a un paciente, mais quedei sorprendida da cantidade de información que aporta. A continuación, imos explicar todos aqueles datos que podemos obter dunha destas tiras.

 LEUCOCITOS

    A presenza de leucocitos na ouriña acostuma indicar que hai algunha inflamación nas vías urinarias.

    En xeral, suxire infección urinaria, aínda que poden estar presentes noutras situacións, como traumas, uso de substancias irritantes ou calquera outra inflamación non causada por un axente infeccioso.

NITRITOS

    A ouriña é rica en nitratos. A presenza de bacterias en ouriña transforma esos nitratos en nitritos. Polo tanto, a cinta con nitritos positivos é unha sinal indirecta da existencia de bacterias.

UROBILINÓXENO

    Adoita indicar enfermidade hepática ou hemólise. O exercicio físico ou o consumo de alcol poden dar falsos positivos.

PROTEÍNAS

    A presenza de proteínas na ouriña denomínase proteinuria, e suxire enfermidade renal. Deber ser sempre investigada. O exceso de exercicio, o estrés e o consumo excesivo de carne poden dar falsos positivos.

pH

    Valores de pH maiores ou iguais a 7 poden indicar presenza de bacterias que alcalinizan a ouriña. Valores menores de 5,5 a miúdo se relacionan con acidose no sangue ou enfermidade nos túbulos renais.

SANGUE

    A presenza de sangue en ouriña denomínase hematuria e pode manifestarse en diversas enfermidades, tales como infeccións, pedras nos riles e enfermidades renais graves.

GRAVIDADE ESPECÍFICA DA OURIÑA

    É un análise de ouriña que mide a concentración de todas as partículas químicas. Pode reflexar necrose tubular renal, infección severa nos riles e deshidratación.

CORPOS CETÓNICOS

    Os corpos cetónicos normalmente non están presentes na ouriña. A súa detección adoita relacioanrse diabetes mal controlada ou xaxún prolongado.

BILIRRUBINA

    A bilirrubina só acostuma aparecer cando os seus niveis sanguíneos sobrepasan 1,5 mg/dl. Suxire enfermidade hepática.

GLICOSA

    A presenza de glicosa na ouriña é un forte indicio de que os niveis sanguíneos están altos. É moi común en persoas que padecen diabetes. A glicosuria sen que o individuo teña diabetes soe ser unha sinal de enfermidade nos túbulos renais.

    Referencias

    1. https://diagnosticoencasa.com/guia-utilizacion-tiras-reactivas-en-analisis-de-orina/
    2. https://revistasanitariadeinvestigacion.com/procedimiento-analisis-de-orina-tira-reactiva-y-sedimento/
    3. https://self-diagnostics.com/es/test-salud-tiras-reactif-5-parametros.html

    Día mundial do paciente anticoagulado

    ENFERMERÍA DOS COIDADOS MÉDICO - CIRÚRXICOS

         Unha das 7 especialidades da enfermería é a dedicada aos coidados médico-cirúrxicos, que consiste na axuda aos anestesistas e aos cirur...