Como moitos xa saberedes, os enfermeiros son os encargados de realizar os electrocardiogramas aos pacientes. Porén, non teñen que saber interpretalos, pois para isto xa están os médicos. Aínda así, deben ser capaces de detectar sinais de alarma para alertar da situación o antes posible.
Hoxe, explicareivos como se realiza un electrocardiograma. Na seguinte entrada que publicaremos, ensinareivos como interpretalo. Estade atentos!!
QUE É UN ELECTROCARDIOGRAMA?
Un electrocardiograma é unha proba que, mediante unha representación gráfica, rexistra a actividade eléctrica do corazón que se produce en cada latido. Nel, pódense observar diferentes ondas que representan os estímulos eléctricos das aurículas e dos ventrículos. O aparato co que se obtén o electrocardiograma recibe o nome de electrocardiógrafo.
O electrocardiógrafo recoñece a actividade cardíaca a partir de 10 electrodos: seis colocados sobre a rexión precordial e un en cada unha das extremidades.
Esta colocación permítelle obter unha ampla visión do corazón, xa que, desta forma, analiza o seu funcionamento desde dous planos perpendiculares.
Plano horizontal: derivacións precordiais
Inclúe dende V1 ata V6. Son monopolares e pódese dicir que miran ao corazón directamente desde o lugar onde situamos os electrodos.
Plano frontal: derivacións dos membros
As derivacións DI, DII e DIII son bipolares e as derivacións aVF, aVL e aVR son monopolares.
CABLES DE CONEXIÓN DO APARATO AO PACIENTE
ExtremidadesOs electrodos da rexión precordial póñense do seguinte xeito:
V1: 4º espazo intercostal dereito xunto ao esternón
V2: 4º espazo intercostal esquerdo xunto ao esternón
V3: Entre V2 e V4
V4: 5º espazo intercostal esquerdo -> Línea media clavicular
V5: 5º espazo intercostal esquerdo -> Liña axilar anterior
V6: 5º espazo intercostal esquerdo -> Liña axilar media
De novo, encontrámonos coa mesma pregunta. Que cable pertence a cada electrodo? Para recordar os cables da rexión precordial, nas prácticas, déronme un gran consello. Mirade a imaxe anterior e prestade atención ao seguinte!
En primeiro lugar, colocamos V4, V5 e V6. Son marrón, negro e morado, respectivamente. Por que nesta orde? Porque cando vamos á praia, primeiro poñémonos morenos (marrón), logo, dicimos que estamos negros e cando nos queimamos volvémonos morados. En segundo lugar, colocamos V1, V2 e V3: rojo, amarelo (como en rana verde) e, por último, verde pois é o único cable que nos queda.
PROCEDEMENTO
O paciente debe estar en reposo, en decúbito supino e co dorso descuberto. É importante informalo previamente sobre a técnica e facer fincapé na relevancia que ten non moverse durante a proba.
A continuación, retiramos todos os elementos que poidan distorsionar a sinal eléctrica (reloxos, manguitos de medición de TA...), limpamos a pel e rasuramos se é necesario. Logo, colocamos os electrodos periféricos e precordiais no sitio correspondente. Para colocar os precordiais é necesario palpar os espazos intercostais.
Esperamos uns segundos a que o electrocardiógrafo rexistre ben a actividade e, posteriormente, imprimimos. Pódense engadir os datos do paciente no impreso.
Feito o electro, retiramos os cables ordenadamente e quitamos as pegatinas do paciente. Miramos que non haxa nada moi raro e dámosllo ao médico ou gardámolo coa súa historia clínica para cando o necesiten.
No hospital, esta é unha proba bastante frecuente, sobre todo, en plantas de cardioloxía.
Vémonos no seguinte post!


