14/11/2022

COMO INTERPRETAR UN EKG?

    O prometido é débeda, lectores!! Onte comprometímonos a publicar unha entrada sobre como interpretar un electrocardiograma e aquí estamos un día despois. Se non o fixesteis xa, recoméndovos visitar previamente o enlace  "como facer un EKG".

    A continuación, ensinarei como se ve un electro normal e explicarei as principais arritmias que como enfermeiros debemos saber recoñecer para alertar da situación o antes posible. Comezamos!

    En condicións normais, o impulso eléctrico orixínase no nódulo sinusal; a continuación, a onda de activación exténdese polas aurículas desencadeando a contracción das mesmas. Unha vez que o estímulo chega ao nodo auriculoventricular (única conexión eléctrica fisiolóxica entre as aurículas e os ventrículos), prodúcese unha pausa de 0´1 segundos para permitir que as aurículas se vacíen e os ventrículos, aínda relaxados, se enchan. Tras esta pausa, o estímulo do nodo AV condúcese rapidamente polo Haz de Hiss e logo a través das súas ramas dereita e esquerda, para distribuírse e activar, secuencial e organizadamente os ventrículos a través das fibras de Purkinje (contracción ventricular).

ONDAS

    En base a isto, as ondas presentes nun electrocardiograma normal son as seguintes:

    Onda P: representa a contracción auricular (acostuma medir 2,5mm)

    Segmento PR: intervalo no que non se rexistra actividade debido ao retraso que sofre o estímulo no nodo auriculoventricular.

    Complexo QRS: representa a contracción ventricular. Componse de:

    - Onda Q: primeira deflexión descendente.

    - Onda R: primeira deflexión ascendente.

    - Onda S: primeira deflexión descendente tras a Q.

    Intervalo ST (segmento ST e onda T): corresponde á recuperación ou repolarización ventricular.

    Para a impresión dun electrocardiograma, utilízase un papel cuadriculado de 1mm x 1mm. O trazo faise máis groso cada 5 mm para facilitar as medicións.

    O eixo horizontal permítenos establecer valores en tempo (1 mm = 0,04s).

RITMO SINUSAL

    O ritmo sinusal é o ritmo cardíaco normal. É rítmico e en reposo debe de estar entre 60 e 100 lpm.

    Sabido isto, paso a explicar as arritmias máis importantes que un enfermeiro debe saber identificar:

1. BLOQUEO AV DE TERCEIRO GRAO

    Neste caso, as ondas P orixínanse no nodo sinusal, mais ningunha é conducida. Ademais, o QRS xérase nun centro accesorio independentemente da actividade auricular. 

    Cando o QRS é estreito o escape é máis alto. Cando o QRS é ancho, implica maior gravidade porque o escape é máis baixo.

    Neste bloqueo cardíaco pódese producir unha parada ventricular con duración variable entre uns poucos segundos e 2 minutos.

2. TAQUICARDIA VENTRICULAR

    A taquicardia ventricular orixínase no sistema de condución ventricular. Adoita ser unha área de tecido condutor que se viu afectada por lesións celulares ou algúns cambios locais de electrólitos. Nas fibras de condución, xérase un pequeno circuíto que transmite un impulso rápido a través dos ventrículos. Dado que non se está a utilizar o sistema de condución normal a través dos ventrículos, a onda de condución tarda moito máis en viaxar pola masa ventricular. Isto explica por que o complexo QRS é ancho e de forma anormal. Ondas P non visibles e ondas T invertidas.

    O tratamento debe iniciarse rapidamente, xa que neste tipo de arritmia o corazón non pode cumprir con competencia a súa función mecánica.

3. FIBRILACIÓN VENTRICULAR

Débese á perda da actividade eléctrica sincrónica das fibras ventriculares, dando lugar a unha contracción totalmente anárquica do miocardio e a un fracaso hemodinámico.

    Ritmo ventricular caótico, irregular, mostra QRS de baixa amplitude e ondas oscilantes. Contorno do QRS ensanchado, con amplitudes e intervalos variables. Espasmos ventriculares que non xeran contracción. Asistolia (non hai actividade cardíaca); persoa inconsciente. Desfibrila.

4. SCACEST

    Síndrome coronario agudo con elevación do segmento ST.

5. ASISTOLIA

    A asistolia é a ausencia de actividade eléctrica cardíaca. Tradúcese nunha liña plana no monitor do electrocardiógrafo que significa ausencia de enerxía e polo tanto maior dificultade para revertela.

    Non é un ritmo desfibrilable.

Día mundial do paciente anticoagulado

ENFERMERÍA DOS COIDADOS MÉDICO - CIRÚRXICOS

     Unha das 7 especialidades da enfermería é a dedicada aos coidados médico-cirúrxicos, que consiste na axuda aos anestesistas e aos cirur...