15/11/2022

QUE É E FUNCIÓNS DA ENFERMERÍA

Que é a enfermería? A enfermería é a profesión encargada de desenvolver os coidados nas necesidades da saúde tanto das persoas enfermas como sas, a través da actuación o coñecemento e a educación, para así dar como resultado a persoas independentes capaces de coidar de si mesmas.


Funcións enfermeiras

Os enfermeiros son a primeira liña de batalla coa enfermidade e co paciente, cuxa saúde depende na súa gran maioría dos coidados que lle achegue. Por iso un enfermeiro debe de ser un bo profesional cunha gran estabilidade emocional, empatía e agarimo cara aos pacientes, para que estes sintan e depositen a súa confianza neles, pero este tema tratarémolo na seguinte entrada. Segundo o Consello Internacional de Enfermería as funcións dun enfermeiro son catro: promover a saúde, previr a enfermidade, restaurar a saúde e aliviar o sufrimento. 

Entre as funcións máis técnicas que debe de facer un enfermo atopamos: -Realización de plans de coidados a cada paciente que ingresa. -Toma de historia clínica dos pacientes. -Diagnósticos e altas enfermeiras.

    Referencias

    1. https://www.paho.org/es/temas/enfermeria

    Día mundial do paciente anticoagulado

    ENFERMERÍA DOS COIDADOS MÉDICO - CIRÚRXICOS

         Unha das 7 especialidades da enfermería é a dedicada aos coidados médico-cirúrxicos, que consiste na axuda aos anestesistas e aos cirur...