15/11/2022

ENFERMEIRO E PACIENTE

Como alumnos de enfermería nas prácticas fixámonos nas nosas enfermeiras e démonos conta do importante que é que estas saiban falar e interactuar cos pacientes de forma correcta, tratándoos con agarimo, empatía e con sensibilidade emocional.
Aínda habendo casos especiais, no Hospital destaca o agarimo e o bo trato das enfermeiras cara aos pacientes. Ao acabar as prácticas chegamos á conclusión de que é case máis importante o trato ao paciente que as funcións propias dun enfermeiro. Por iso decidimos crear un apartado exclusivo ao trato e a relación entre enfermeiro e paciente. En primeiro lugar, calquera persoa que se queira dedicar á enfermería debe de ter ou de cultivar unha gran vocación ao coidado das persoas, se queres ser enfermeiro só por diñeiro é mellor que non fagas esta carreira. A parte de ter unha gran vocación o enfermeiro debe de ter empatía cara ao paciente, poñerse na súa pel e tentar comprender os seus temores e angustias. Aínda que haxa pacientes que non sexan agradables ou que non presenten disposición ao coidado o enfermeiro debe de manter a mesma actitude de agarimo e comprensión, exercendo certo autocontrol en determinadas situacións. É dicir que o enfermeiro debe de ter un gran control emocional e nunca perder os papeis ou os nervios ante pacientes provocadores. Coñecer as túas capacidades e aptitudes pode axudarche a lograr establecer mellores relacións co paciente. Establecer unha boa comunicación co paciente é fundamental para lograr unha relación de confianza e por tanto para facilitar o acto do coidado.


Referencias

    Día mundial do paciente anticoagulado

    ENFERMERÍA DOS COIDADOS MÉDICO - CIRÚRXICOS

         Unha das 7 especialidades da enfermería é a dedicada aos coidados médico-cirúrxicos, que consiste na axuda aos anestesistas e aos cirur...