28/11/2022

ENFERMERÍA DOS COIDADOS MÉDICO - CIRÚRXICOS

    Unha das 7 especialidades da enfermería é a dedicada aos coidados médico-cirúrxicos, que consiste na axuda aos anestesistas e aos cirurxiáns no coidado e atención dos pacientes antes, durante e despois da intervención cirúrxica.

    As súas funcións principais divídense en tres momentos, antes, durante e despois da cirurxía, e son:

ANTES

    -Preparación do paciente para a cirurxía.     -Comprobación da medicación, sueroterapia, e dispoñibilidade do equipo (máquinas de anestesia,ventiladores, máscaras)     -Preparación material e zona de traballo.     -Transladou de pacientes a sala de operacións.     -Proporcionar axuda ao cirurxián para vestirse co material estéril.

DURANTE

    -Vixilancia de aparición de reaccións alérxicas, constantes vitais e monitorización.     -Proporcionar instrumentos necesarios ao cirurxián,     -Retirar apósitos sucios con coidado e atención.

DESPOIS

    -Comprobar que se utilizou todo o material.     -Esterilización de material utilizado.     -Atención ás constantes do paciente.     -Orientación e estabilización do paciente.     -Avaliación e vixilancia continua do estado do paciente.

    Se estás a pensar en especializarte en coidados médico-cirúrxicos debes de ter moita paciencia, concentración, atención e capacidade de reacción.

Referencias

  1. https://www.educaweb.com/profesion/enfermero-cuidados-medico-quirurgicos-174/

INHALADORES. PARTE 2

    Retomando o tema dos inhaladores, volvemos a facer fincapé na importancia da súa administración falando un pouquiño de como se realizaría un uso correcto de cada un.

INHALADOR DE CARTUCHO PRESURIZADO

    En primeiro lugar, baleira o aire dos teus pulmóns cun soplido lento. Coloca o dispositivo na boca, pecha os beizos ao redor da embocadura sen apretar e comeza a coller aire pola boca.

    Logo debes presionar o inhalador e continuar collendo aire pola boca. Retira o dispositivo da boca, mantén os beizos pechados e aguanta a respiración durante dez segundos.

    Finalmente bota o aire lentamente. Tapa o inhalador. Enxauga a boca con auga.

    NOTA: unha vez á semana é recomendable retirar o cartucho do plástico e lavar o plástico con auga e xabón.

CÁMARAS DE INHALACIÓN 

    As cámaras de inhalación son un complemento moi útil que axudan mellorar a entrada do medicamento nos pulmóns, xa que reducen en gran medida o problema da coordinación entre coller aire (inspiración) e a pulsación (saída do medicamento).     Para o seu uso debes comezar axustando o cartucho no buraco da cámara en posición vertical.

    Vacía o aire dos pulmóns. Colle a cámara cunha man e achégaa aos beizos, pechaos ao redor da embocadura da cámara. Coa outra man colle o inhalador e apreta o dispositivo unha vez. Colle aire da cámara.

    A partir de aquí podes realizar unha única inspiración profunda, retirar a cámara da boca e aguantar a respiración de cinco a dez segundos. Enxáugate a boca tras a inhalación. Desmonta o equipo e lava con auga a cámara despois de cada uso.


INHALADORES DE PÓ SECO

    Hai dous tipos de inhaladores en pó: os de dose única e os de multidose.

    No inhalador en pó de dose única necesitas introducir o medicamento dentro do dispositivo e presionar o botón que perfora a cápsula que libera o produto antes da inhalación.

    Saca o aire amodo dos pulmóns. Achega a embocadura aos beizos e péchaos ao redor. Colle o aire profunda e lentamente. Retira o dispositivo da boca e cos beizos pechados aguanta a respiración dez segundos. Abre a embocadura e tira a cápsula. Enxauga a boca con auga.

    O sistema multidose pode ter forma de barra ou de disco.

    O que ten forma de tubo debe activarse virando a parte inferior do dispositivo, primeiro cara á dereita e logo cara á esquerda ata oír un “clic”: saca o aire dos pulmóns, achega o dispositivo á boca e axusta os beizos contorna a el. Colle aire pola boca para que o medicamento entre nos teus pulmóns. Retira o dispositivo da boca e cos beizos pechados contén a respiración dez segundos. Saca o aire pola boca lentamente. Repite o proceso se necesitas outra inhalación, esperando uns trinta segundos entre elas. Enxáugate a boca con auga.     O inhalador de sistema multidose en forma de disco debe cargarse accionando a panca lateral ata oír un “clic” e proceder á inhalación de forma similar ao anterior.     NOTA: este dispositivos non se deben mollar con auga, utiliza un pano de papel para limpar a embocadura tras o seu uso. Ademais, teñen un indicador de dose que debes ir controlando

NEBULIZADORES

    O nebulizador é un aparello eléctrico que tranforma en vapor o medicamento para que se poida respirar.

    O seu uso require supervisión previa, adestramento e seguimento de instrucións, tanto para a preparación da medicación como para o uso do aparello nebulizador. Tamén require dispoñer dun servizo técnico e coñecer a quen acudir en caso de fallo do aparello.

Referencias

INHALADORES. PARTE 1

    Os inhaladores son dispositivos que se introducen na boca e permiten que un medicamento, atomizado en pingas diminutas, pase directamente coa respiración ás vías aéreas. Desta forma, o principio activo accede máis facilmente aos bronquios e pulmóns e a súa acción é máis localizada, rápida e directa que se se usasen outras vías de administración. Ademais, as doses de fármaco que se necesitan son menores, polo que tamén se reduce o risco de efectos adversos.

    Saber usar un inhalador correctamente é importante para que o tratamiento sexa efectivo. Semella unha acción fácil, máis ten as súas complicacións, sobre todo á hora de explicarlle aos pacientes a técnica para que a exerzan na casa de forma autónoma.

    Sempre que sexa posible, débese adaptar o sistema de inhalación á idade e capacidade de cada persoa.

SISTEMAS DE INHALACIÓN

    Existen varios sistemas de inhalación: inhalador de cartucho presurizado inhalador de po seco (de dose única ou multidose) e o nebulizador.

    Tamén poden usarse cámaras de inhalación, pero deben ser compatibles co dispositivo de inhalación presurizado.

CONSELLOS para realizar correctamente unha inhalación

  • Realiza as inhalacións sentado ou o máis incorporado posible.
  • Prepara o dispositivo previamente:
    • Se é un inhalador presurizado: axitao.
    • Se é de po seco: cargao. 
    • Se é un nebulizador: preparar a medicación e conectalo.
  • Require de certo adestramento.
Referencias

ENFERMERÍA FAMILIAR E COMUNITARIA

    Moitos vos preguntaredes de que se encarga unha enfermeira comunitaria e familiar. Outros relacionarédela directamente coa típica enfermeira do centro de saúde ou con aquela que vedes xunto ao médico.

    Porén, a enfermería comunitaria e familiar abarca tarefas moito máis complexas: encárgase das persoas sás e enfermas, dende o nacemento ata que morren.

    A enfermería familiar ocúpase de curar, por suposto; pero por encima de todo céntrase en coidar. Coida a saúde desde todas as súas perspectivas.

    Estas enfermeiras dedican moito tempo na consulta a escoitar e a entender aos pacientes; solicítanlles que lles expliquen como se sinten e que necesidades teñen. Tamén coidan a saúde para que non se deteriore realizando educación para a saúde, que é unha das súas principais tarefas. Intentan, ademais, que a persoa sexa consciente das súas carencias ou puntos de mellora e que sexa capaz de tomar a decisión de coidarse.

    Tamén realizan o seguimento de patoloxías crónicas e forman parte do Equipo de Atención Primaria. Son o nexo entre os temas sanitarios e os sociais; detectan riscos para a saúde e poñen en contacto ao paciente con diversos profesionais.

    Outra das tarefas da enfermería comunitaria e familiar é estar na vida das persoas, favorecendo hábitos de vida saudables, facendo fincapé na promoción da saúde e na prevención da enfermidade; realizan talleres, charlas, programas… en todos os ámbitos nos que sucede a vida da persoa.

    Por último, non nos podemos olvidar da Atención Domiciliaria, e dos Coidados Paliativos, que acerca esta profesión aínda máis ás familias.

Referencias

  1. https://www.enfermeriacomunitaria.org/web/
  2. https://www.euroinnova.ec/blog/que-es-la-enfermeria-comunitaria
  3. https://www.euroinnova.edu.es/blog/caracteristicas-de-la-enfermera-comunitaria

FLEBITE

    Coñecemos como flebite á inflamación da parede da vea debida a unha alteración do endotelio e caracterizada pola presenza de signos e síntomas como: dor, eritema, sensibilidade, calor, hinchazón, purulencia ou cordón venoso palpable.

    No noso día a día ímonos atopar reiteradas veces con este tipo de complicación. É frecuente en catéteres venosos periféricos ou en catéteres de inserción periférica (PICC).

    A flebite aumenta o risco de infección e pode ser o paso previo a unha tromboflebite supurada por iso hai que evitar a súa aparición, mais nun principio non é nada grave.

FACTORES QUE AUMENTAN OU CONTRIBÚEN Á APARICIÓN DE FLEBITE

  • Preparación da pel.
  • Traumatismo na vea durante a inserción.
  • Tipo de material do catéter empregado.
  • Infusión de determinados fármacos.
  • Tempo de permanencia do catéter.
  • Estabilización do catéter a pel.
  • Frecuencia de cambio do apósito.
TIPOS DE FLEBITE

Segundo a súa etioloxía, podemos distinguir tres tipos de flebite:
  1. Mecánica ou traumática: asociada á localización (zonas de flexión), técnica de inserción (fixación do catéter) e calibre do catéter.
  2. Química ou por infusión: asociada á administración de solucións e/ou medicamentos ácidos e con alta osmolaridade.
  3. Infecciosa ou bacteriana: asociada a infeccións xeralmente causadas por bacterias. Hixiene de mans incorrecta, técnica aséptica inapropiada, excesiva manipulación...

Referencias

  1. https://www.topdoctors.es/diccionario-medico/flebitis
  2. https://www.fisioterapia-online.com/articulos/flebitis-que-es-tipos-sintomas-y-prevencion
  3. https://enfermeriacreativa.com/2021/08/10/escala-visual-de-valoracion-de-flebitis/

ENFERMERÍA DO TRABALLO

    Tendo en conta que as persoas pasamos gran parte do noso tempo traballando, podemos intuir que a función dos enfermeiros do traballo ten unha gran importancia no benestar da sociedade.

    Exactamente, estes encárganse de velar pola saúde dos traballadores aplicando uns coidados profesionais encamiñados prioritariamente á promoción da saúde e á prevención da enfermidade en relación cos riscos laborais aos que están expostos.

    Seguramente que se vos digo que son os enfermeiros que participan na vixilancia da saúde individual dos traballadores, é dicir, nos recoñecementos médicos o entendedes mellor.

    Xunto cos médicos do traballo, valoran a influencia dos riscos laborais aos que están expostos os traballadores e como os distintos estados de saúde que pode presentar a persoa poden influir no desarrollo da actividade labora.

    Mais as enfermeiras do traballo fan moitas outras cousas. Axudan aos traballadores a alcanzar o máximo potencial da súa saúde formándoos e facilitándolles as ferramentas necesarias para que poidan adquirir hábitos de vida máis saudables

    A xestión da idade, o reto presente e futuro máis importante ao que nos enfrontamos como sociedade e do que non é axeno o ámbito laboral. Neste proceso de envellecemento, a enfermería do traballo está chamada a desempeñar un papel chave, ofrecendo os coidados necesarios para axudar á adaptación dos postos de traballo.

    Outro dos pilares fundamentais da súa labor é a docencia. Por suposto, formando a traballadores, como xa dixemos, en hábitos de vida apropiados, pero tamén aos futuros especialistas en enfermería do traballo. Tamén facilitan a formación continua aos actuais profesionais para garantir uns coidados de calidade adaptados aos cambios sociais e tecnolóxicos. Buscan principalmente alcanzar a máxima seguridade.

Referencias

1. https://www.quironprevencion.com/blogs/es/prevenidos/sabes-hace-enfermera-trabajo

2. https://www.sergas.es/Recursos-Humanos/Enfermeiro-especialista-en-enfermer%C3%ADa-do-traballo?idioma=es

3. https://enfermeriadeltrabajo.com/

TIPOS DE DRENAXES

    Existen distintas clases de drenaxes cirúrxicas, nesta entrada explicaremos os catro tipos máis vistos no hospital:

    DREANAXE PENROSE: trátase dun tubo formado por caucho, aplanado e alongado, que permite a saída do líquido por capilaridade.
    DRENAXE BLAKE
: está formado por unha pera de plástico encargada de facer baleiro e succionar o líquido que se atope dentro do organismo. Conta cun sistema de medición e cuns buracos na punta que lle permiten absorber o líquido.
    DRENAXE DE TIPO PLEUR-EVAC
: é unha drenaxe que se sitúa no tórax, concretamente sélase con auga, e ademais de líquido drena sangue e aire acumulado na pleura.

    DRENAXE DE TIPO KEHR
: trátase dun drenaxe en forma de T. Moi utilizado en situacións de cirurxía biliar, actúa por gravidade
.

VÍAS DE ELECCIÓN PARA ACCESOS VENOSOS

    As principais vías de elección para os accesos venosos presentan unha serie de vantaxes e desvantaxes, esas son: VEA BRAQUIAL

    Trátase dunha vea de fácil acceso, pero que aumenta a incidencia de flebite e presenta risco de saída ou de acodamiento da vía como consecuencia da flacura do brazo.

VEA BASÍLICA

    É unha vea que dependendo da pel da persoa terá maior ou menor dificultade, e tamén aumenta o risco de flebite.

VEA CEFÁLICA

    Trátase dunha vea de fácil acceso, menor que o da basílica, e pode atoparse comprimida xunto coa clavícula pola posición.

VEA FEMORAL

    É unha vea grande, de fácil acceso e moi fácil de localizar, pero pode provocar trombose e infección. Existe risco de punción da arteria femoral.




VEA YUGULAR

    É unha vea moi próxima á vea cava e moi fácil de localizar debido ao seu gran tamaño. Porén, presenta unha alta probabilidade de infección do punto de inserción e causa incomodidade para o paciente.



VEAS SUBCLAVIAS

    É unha vea moi grande, cunha gran posibilidade de acceso, pero ao estar moi preto do ápice pulmonar córrese o risco de provocar neumotórax. Ademais, dificulta o control das hemorraxias.



Referencias

ENFERMERÍA PEDIÁTRICA

    A enfermeira pediátrica é unha profesional da saúde que se encarga de proporcionar coidados, xunto co médico pediatra, a bebés, nenos e adolescentes ata os 14 anos.


¿Cales son os principios básicos da enfermería pediátrica?
    Para garantizar a calidade dos coidados os enfermeiros e enfermeiras de pediatría deberán cumplir os seguinte principios para garantir a calidade de vida dos pacientes:
  • Respeto as diferencias culturales
  • Resgardar o contacto dos nenos cos seus pais
  • Actuación inmediata ante emerxencia médica
  • Proporcionar a estimulación axeitada para manter o desenvolvemento adecuado do paciente
  • Colaborar na reducción da dor tanto do neno como dos pais
Rol de enfermería
    As enfermeiras pediátricas cumplen unha gran variedade de roles cando chega o momento de atender a un neno ao seu ingreso nun centro hospitalario. Os roles pricipais serían os seguintes:
  • Diminuir o estrés, ansiedade, medo e inseguridades que o menor adoita presenter na hora do ingreso
  • Contribuir ao benestar tanto de paciente como de familiares durante todo o proceso de diagnóstico, tratamento e seguimento da enfermidade.
  • Tratará de crear un lugar confortable para o cativo que ademáis poderá compartir con outros da súa idade. Isto é de suma importancia para o seu desenvolvemento
  • Ofrecer un lugar axeitado no que se poidan realizar comodamente os coidados e tratamentos ao mesmo tempo que a familia o acompaña
¿Cales son as principais funcións das enfermerias pediátricas?
    A enfermeira pediátrica é parte fundamental do grupo de atención primaria, pois é un personaxe accesible á población infantil e unha referencia vital para os equipos cos que colabora.
   
    A función esencial do equipo de enfermería é restablecer a saúde a través das actividades asistenciais necesarias e cubrindo as necesidades física e emocionais dos peequenos. 
    
    Realización de exames físicos, tomar as constantes dos pacientes, solicitar a análise de diagnósticos, administrar medicación e facer curas son algunhas das funcións que deberán cumplir as enfermeiras.

Referencias
  1. Euroinnova Business School. Funciones de la enfermera pediátrica [Internet]. Euroinnova Business School. 2021 [cited 2022 Nov 21]. Available from: https://www.euroinnova.edu.es/blog/funciones-de-la-enfermera-pediatrica
  2. García Górriz M, Bauzà FM, Materno H, Vall D’hebron I, El P. Peculiaridades del Paciente Pediátrico [Internet]. Scartd.org. [cited 2022 Nov 21]. Available from: http://www.scartd.org/arxius/pedia1_2012.pdf
  3. Enfermería pediátrica: Qué es, funciones, carrera y más [Internet]. Carreras Universitarias. 2018 [cited 2022 Nov 21]. Available from: https://micarrerauniversitaria.com/c-enfermeria/enfermeria-pediatrica/



DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN

    A síndrome de Down sempre formou parte da condición humana. Existe en todas as partes do mundo e habitualmente afecta de forma variable á aprendizaxe, as características físicas e a saúde.

    Non foi ata o 2011 que a Asamblea Xeral estableceu o 21 de marzo como o Día Mundial da Síndrome de Down. Con este día preténdese conseguir unha maior conciencia pública  e resaltar a importancia da súa autonomía e independencia individual, en concreto, de tomar as súas propias decisións.

A qué se debe a síndrome de Down?

    Esta síndrome é unha alteración xenética causada pola presencia de material xenético no cromosoma 21 que se traduce nunha discapacidade intelectual. Débese a unha trisomía no par 21; cando normalmente nacemos con 46 cromosomas, unha persoa con síndrome de Down terá 47. Ten unha incidencia de 1/1000 persoas a nivel mundial.

Cómo afecta a síndrome de Down?

   Aínda que cada persoa afectada pola síndrome vai ter as súas propias condicións e a súa forma de actuar que os diferencien, polo xeral, van a ter unha serie de características comúns: coeficiente intelectual moderadamente baixo e  lentitude a hora de falar.  Fisicamente van a compartir os seguintes rasgos: 

  • Cara aplanada
  • Ollos rasgados cara arriba
  • Pescozo curto
  • Orellas pequenas
  • Lingua grande, tendente a sairse da boca
  • Mans e pes pequenos
  • Ton muscular débil
  • Estatura baixa


    As veces poden chegar a presentar outros problemas como: pérdida auditiva, infeccións de oído, defectos cardíacos, apnea do soño obstructiva…

Qué pretende o día mundial da síndrome de Down?
    Con este día preténdese destacar a INCLUSIÓN, unha oportunidade única para a comunidade global da síndrome:
  • Que poidan compartir ideas, experiencias e coñecementos
  • Abogar e reivindicar a igualdade de dereitos
  • Facer que a súa mensaxe logre un cambio positivo
Por último deixámosvos este vídeo que conten un pequeno fragmento dunha entrevista a Pablo Pineda, actor con síndrome de Down, que xogou e sigue xogando un papel moi importante na visibilización e innclusión das persoas con síndrome de Down. Link á entrevista: Pablo Pineda “Puedo hacerlo”

Referencias
  1. CDC. Información sobre el síndrome de Down [Internet]. Centers for Disease Control and Prevention. 2020 [cited 2022 Nov 26]. Available from: https://www.cdc.gov/ncbddd/spanish/birthdefects/downsyndrome.html
  2. United Nations. Día Mundial del Síndrome de Down | Naciones Unidas. [cited 2022 Nov 26]; Available from: https://www.un.org/es/observances/down-syndrome-day

IMPORTANCIA DA DOAZÓN DE SANGUE

    Doar sangue é doar vida. As transfusións sanguíneas non forman parte unicamente do tratamento de determinas enfermidades se non que tamén se empregan en situacións de emerxencia médica, como nunha unha hemorraxia masiva.

    A sangue está formada por multitude de compoñentes distintos polo que desempeña diferentes funcións vitáis:

  • Plaquetas: coagulación e taponamento de feridas; control de hemorraxias
  • Glóbulos vermellos: transporte de osíxeno dende os pulmóns ao resto do corpo
  • Plasma: transporte de nutrintes e auga cara os texidos
  • Leucocitos ou glóbulos brancos: función inmunolóxica
  • Ademáis o sangue mantén o equilibrio de líquidos no organismo, transporta hormonas, recolle os residuos metabólicos…
Por que debería facerme doante?

    A doazón de sangue é unha acción solidaria que axuda a salvar a vida de moitísimas persoas así como a manter a saúde de outras tantas cando padecen determinadas enfermidades. Os hospitais necesitan facer transfusións a diario; os casos máis frecuentes nos que se necesita dunha transfusión son:
  • Mulleres con complicacións obstétricas durante o parto
  • Nenos con anemia grave
  • Persoas con traumatismos graves 
  • Enfermos de cancro
  • Pacientes que van ser sometidos a intervencións cirúrxicas e medicas complexas
    Nos últimos anos a doazón de sangre reduciuse notablemente, por iso a túa axuda como dante é necesaria para que se poidan manter as reservas sanguíneas dos hospitais.

Teño que cumplir algún requisito?

Sí, para ser doante deberás:
  • Ser maior de 18 anos
  • Pesar máis de 50 kg
  • Informarse sobre a SIDA e ter certeza de que non se forma parte de ningún grupo de risco
  • Non ter padecido hepatite ou ter mantido contacto con contaxiados nos últimos 6 meses
  • Non ter padecido enfermidades infecciosas tratadas con antibióticos nos últimos 15 días
  • Non ter visitado zonas endémicas de plaudismo nos últimos 6 meses
  • Non estar embarazada nin ter dado a luz nos últimos 9 meses
Ónde podo doar?

    ADOS, a Axencia de doazón de órganos e sangue, conta con numerosos puntos fixos de doazón e unidades móviles que se desplazan cada semana por diferentes puntos de toda Gailcia. Os lugares concretos poderás atopalos na súa páxina web na seguinte ligazón: ONDE DOAR?

    Na páxina oficial de ADOS (https://ados.sergas.gal/Paxinas/web.aspx) atoparás toda a información que necesitas saber se queres facerte doante. Podes consultala para resolver as dúbida que te quedaran despóis de ler o noso blog. Tamén poderás chamar ao número de teléfono gratuito que facilitan para informarte sobre todo o proceso.

    ADOS conta con outras ferramentas importantísimas na súa páxina web como é o semáforo das reservas de sangue que marca a cantidade remanente de cada grupo sanguíneo nos bancos de sangue. Deixámosvos aquí o estado actual:




Referencias
  1. Sanitas. La importancia de donar sangre [Internet]. Sanitas. [cited 2022 Nov 27]. Available from: https://www.sanitas.es/sanitas/seguros/es/particulares/biblioteca-de-salud/prevencion-salud/donantes/importancia-donar-sangre.html
  2. Inicio - Axencia de Doazón de Órganos e Sangue [Internet]. Sergas.gal. [cited 2022 Nov 27]. Available from: https://ados.sergas.gal/Paxinas/web.aspx
  3. Donación de sangre - Área Sanitaria de Santiago de Compostela y Barbanza (Hospitales, Centros de Salud, Casas del Mar y Consultorios) [Internet]. Sergas.es. [cited 2022 Nov 27]. Available from: https://xxisantiago.sergas.es/Paxinas/web.aspx?idTax=2107&idLista=3&idContido=352&migtab=352&tipo=paxtab&idioma=es
  4. Jimenez H. ¿Por qué es importante la donación de sangre? [Internet]. Centro Médico ABC. 2020 [cited 2022 Nov 27]. Available from: https://centromedicoabc.com/revista-digital/por-que-es-importante-la-donacion-de-sangre/


    

RCP, QUE É E COMO REALIZADA

    A RCP ou reanimación cardiopulmonar é unha técnica empregada para salvar vidas. É moi útil en situacións de emerxencia nas que o corazón e a respiración da persoa se deteñen. Esta reanimación é capaz de manter a circulación do sangue osixenado ata o cerebro e outros órganos ata que se restablezcan os ritmo cardíaco e respiratorio normais.

    Antes de inciar a RCP debemos asegura o lugar para que non sexa perigoso nin para nos nin para a persoa afectada. Despóis debemos comprobar o estado de consciencia da víctima; se non responde  colocarémola en posición de reanimación: boca arriba con brazos e pernas alineados sobre unha superficie ríxida. A continuación seguiremos os tres pasos fundamentais coñecidos como C-A-B polas súas iniciais en inglés:

  1. Compresións (compressions): para restaurar o fluxo sanguíneo. Debemos tomar a posición adecuada: axeonllarémonos ao lado da víctima, colocaremos o talón da man na parte inferior do esternón e mantendo os brazos e a espalda rectos utilizaremos o noso peso corporal para realizar as compresións cunha profundidade de aproximada de 5 cm.
  2. Vía respiratoria (airway): abrir a vía respiratoria para que sexa permeable mediante a maniobra frente-mentón.
maniobra frente-mentón




  1. Respiración (breathing): respirar pola persoa mediante respiración boca a boca ou boca a nariz, esta última en caso de que a boca esté gravemente lesionada. Tamén se poderá empregar un resucitador manual.
resucitador manual


    Para realizar unha correcta RCP debemos combinar compresións e respiracións seguindo a secuencia 30:2 (30 compresións e 2 ventilacións) en adultos e a secuencia 15:2 en nenos; seguiremos un ritmo aproximado de 100 compresión por minuto. Este ciclo non será interrumpida salvo que a víctima inicie a respiración espontánea ou os reanimadores se esgoten.




Paso a paso da RCP
    A continución atoparedes a ligazón a un vídeo para que vos explica paso a paso a realización da RCP: https://youtu.be/sBHzOB74KuY

Referencias
  1. Reanimación cardiopulmonar: primeros auxilios [Internet]. Mayo Clinic. 2022 [cited 2022 Nov 28]. Available from: https://www.mayoclinic.org/es-es/first-aid/first-aid-cpr/basics/art-20056600
  2. Avisar PLS. REANIMACIÓN CARDIO PULMONAR BÁSICA EN ADULTOS [Internet]. Cruzroja.es. [cited 2022 Nov 28]. Available from: https://www.cruzroja.es/cre/2006_7_FR/pdf/DipticoRCP.pdf

27/11/2022

NOVAS POSITIVAS: o papel crucial da interleuquina-7

A molécula interleuquina-7 é crucial na xeración de células de defensa contra o cancro. 

Un grupo de investigadores nacionais do Instituto de Parasitoloxía e Biomedicina López-Neyra (IPBLN) demostrou o papel que a molécula interleuquina-7 ten para a creación de inmunoterapias dirixidas a previr a leucemia e outros tipos de cancro a través do uso de células gamma-delta (célula yö, que reciben o seu nome polo seu receptor de antíxeno, formado por cadeas gamma e delta).

Deixámosvos o artigo desenvolvido por aquí: https://www.europapress.es/andalucia/noticia-investigadores-lopez-neyra-descubren-molecula-capaz-prevenir-leucemia-otros-tipos-cancer-20221118103245.html

OUTRA BARREIRA DERRIBADA POLA CIENCIA

Por primeira vez na historia, un ensaio clínico logrou introducir en persoas sangue cultivada nun laboratorio. 

Detrás deste estudo pioneiro atópanse investigadores de Cambridge, que tratarán de facer unha transfusión de glóbulos vermellos cultivados a partir de células nai. En caso de que esta administración de células sanguíneas resulte eficaz, podería revolucionar tratamentos para persoas con trastornos sanguineos como a anemia falciforme ou tipos de sangue raros, que teñen máis complicado atopar un doante.

Máis información aquí: https://lacarabuenadelmundo.com/ensayo-clinico-administra-primera-vez-humanos-sangre-cultivada-en-laboratorio/


 

ENFERMERÍA OBTÉTRICO-XINECOLÓXICA

A especialidade de Enfermería Obstétrico-Xinecolóxica é das máis populares entre os profesionais do sector. 

Esta especialidade, a grandes rasgos, encárgase de prestar á muller unha atención integral durante o seu ciclo vital e ao recentemente nacido ate o día 28 de vida.



De que se encarga unha enfermeira especializada en enfermería Obstétrico-Xinecolóxica?

 

Proporcionan unha atención integral á saúde sexual, reprodutiva e maternal da muller, nas súas facetas preventiva, de promoción e de atención e recuperación da saúde, incluíndo así mesmo a atención á nai, no diagnóstico, control e asistencia do embarazo, parto e puerperio normal e a atención ao fillo recentemente nado san, ata o 28 día de vida.  

 

Cales son as súas principais funcións?


O papel dunha matrona considérase unha figura esencial porque incide nun ámbito social moi importante: a maternidade e a atención integral durante o ciclo vital da muller en todas as súas fases (saúde reprodutiva, climaterio e sexualidade). 


  1. Durante o proceso de xestación, encárgase de diagnosticar o embarazo e supervisalo, prescribir os exames que conveñan para o diagnóstico precoz dos embarazos de alto risco e facilitar o acceso a programas de preparación parental e preparación completa ao parto. 
  2.  As competencias durante o parto, debe prestar asistencia e coidados á nai e supervisar a condición do feto no útero mediante os métodos clínicos e técnicos apropiados, atender o parto normal e recoñecer na nai ou nos neno signos de anomalías que precisen a intervención dun médico.  Nos casos nos que se precise a atención dun médico, o enfermeiro especialista cumpre a función de asistilo, e en ausencia deste, adoptar as medidas necesarias.
  3. Despois do parto, ten funcións como recoñecer e prestar coidados ao recentemente nacido, asistir e supervisar os progresos da nai despois do parto e prestarlle o asesoramento necesario en relación cos coidados ao neno garantindo así o progreso deste. 

Onde pode traballar unha matrona?


O ámbito de actuación das matronas abarca tanto a Atención Primaria (que inclúe centros de saúde, comunidade, familia e domicilio) como a Atención Especializada, (hospital ou outros dispositivos dependentes do mesmo). 

Así mesmo, as matronas poden exercer a súa profesión no sector público, no privado, por conta allea e por conta propia.

 

Referencias

  1. https://www.enferalicante.org/obstetrico_ginecologica.php
  2. https://especialidadeir.com/especialidad-eir-matrona/

Día mundial do paciente anticoagulado

ENFERMERÍA DOS COIDADOS MÉDICO - CIRÚRXICOS

     Unha das 7 especialidades da enfermería é a dedicada aos coidados médico-cirúrxicos, que consiste na axuda aos anestesistas e aos cirur...